Bembibre, Viana do Bolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bembibre
Igrexa de Santo André de Bembibre - lateral.jpg
Igrexa parroquial
ConcelloViana do Bolo[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°08′17″N 7°08′26″O / 42.138180555556, -7.1405555555556Coordenadas: 42°08′17″N 7°08′26″O / 42.138180555556, -7.1405555555556
Poboación62 hab. (2015)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo André de Bembibre é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 62 habitantes (35 homes e 27 mulleres).

Historia e patrimonio[editar | editar a fonte]

En Bembibre está o castro de Vila de Sen. Alí atopouse unha figura antropomórfica, e mais a cabeza dun verrón, que se conserva no Museo Arqueolóxico de Ourense[3]. Na baixa idade media construíuse nese lugar un pequeno mosteiro beneditino, e no século XIV Sancho IV de Castela cedeu o mosteiro e mais os seus terreos á diocese de Astorga, á que segue pertencendo a parroquia[4].

Balneario de Bembibre[editar | editar a fonte]

Balneario de Bembibre.

Preto da aldea hai un balneario de augas sulfurosas frías, construído en 1896.[5] As propiedades das súas augas aparecen xa citadas na obra Espejo cristalino de las aguas de España de Alfonso Limón Montero (1697), no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual de Madoz (1845) e en Hidrología médica de Galicia de Nicolás Taboada Leal (1877). Ao parecer, en 1894 o doutor de Viana do Bolo José Manuel Armesto López adquiriu os terreos e construíu o balneario, inaugurado en 1896. Tempo despois construíuse un hotel de dous andares, e outro edificio para tratar os doentes con auga quente a presión. En 1924 o balneario aparece citado no Anuario-Guía de las playas y balnearios de España, e en 1936 Vicente Risco cítao en Geografía del Reino de Galicia. O balneario pechou en 1956[6]

As augas subterráneas saen a 15 °C[7] e teñen unha forte mineralización, moi osixenada. Son augas bicarbonatadas (fluorada), sódicas, con boro e arsénico.

Igrexa de Santo André[editar | editar a fonte]

Fachada da igrexa.

A igrexa parroquial é matriz da de Santa María de Pradocabalos. Na fachada principal ten unha fornela barroca baleira, enmarcada nunha moldura lobulada. No interior ten volutas e altorrelevos con motivos florais e dous leóns rampantes afrontados. Na parte superior hai unha elegante espadana de dous corpos decorada nos seus laterais por volutas e pináculos.

No interior do templo hai unha pía bautismal decorada cun avieirado, e varias imaxes de André o Apóstolo, coa cruz de Santo André. O arco triunfal é de feitura academicista, e hai tres retablos barrocos, o principal dourado e entallado con motivos florais e xeométricos.

No muro leste, na ábsida, hai varios esgrafiados.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Bembibre[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Bembibre no concello de Viana do Bolo (Ourense)

Bembibre


Parroquias de Viana do Bolo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Viana do Bolo

Bembibre (Santo André) | Caldesiños (Santa Cristina) | Cepedelo (Santa María) | Covelo (San Lourenzo) | Fornelos de Filloás (Santa María) | Fradelo (San Vicenzo) | Froxais (San Brais) | Grixoa (San Pedro) | Hedroso (San Román) | Louzaregos (Santa María) | Mourisca (Santa María) | Paradela (San Pedro) | Penouta (San Bartolomeu) | Pexeiros (Santa María) | Pinza (Santa María) | Pradocabalos (Santa María) | Pradorramisquedo (San Sebastián) | Punxeiro (San Marcos) | Quintela de Hedroso (San Cosmede) | Quintela de Umoso (Padre Eterno) | Quintela do Pando (Santa Isabel) | Ramilo (San Pedro) | Rubiais (San Cibrao) | San Cibrao (San Cibrao) | San Mamede (Santiago) | San Martiño (San Xoán) | Santa Mariña da Ponte (Santa Mariña) | Sever (San Lourenzo) | Solbeira (Santo Adrao) | Tabazoa de Hedroso (Santa María) | Tabazoa de Umoso (San Sebastián) | Viana do Bolo (Santa María) | Vilardemilo (Santa María Madanela) | Vilarmeao (Santo Antón) | Vilaseco da Serra (San Vicenzo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 30 de abril de 2021. 
  3. "Peza do mes: Cabeza dun Verrón" (PDF). Museo Arqueolóxico de Ourense. Febreiro 2003. 
  4. "Igrexa de Santo André de Bembibre". Concello de Viana do Bolo. 
  5. "O Balneario de Bembibre". Concello de Viana do Bolo. 
  6. Ramírez Ortega, A.; Rial Lemos, M. E.; Ramírez Masferre, J.-Á. (2000). "El patrimonio hidromineral de la Comunidad Autónoma de Galicia". En López Geta, J. A.; Pinuaga Espejel, J. L. Panorama actual de las Aguas Minerales y Minero-medicinales en España. Instituto Geológico y Minero de España. p. 355. 
  7. David Simón-Lorda (6 de novembro de 2011). "Médicos vianeses y frieireses a la sombra de un castaño centenario: Noticias del "Castiñeiro de Bembibre" (Viana do Bolo-Ourense)". Diario de un médico de guardia (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]