Samuel de Ani
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1105 (Gregoriano) |
Morte | c. 1185 (Gregoriano) (79/80 anos) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia |
Ocupación | historiador, cronógrafo (pt) |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia, volume 10, (p.161) |
Samuel de Ani[1] ou Samuel Anetsi (en armenio, Սամվէլ Անեցի), nado ao redor de 1100 e finado ao redor de 1180, foi un historiador, cronista e relixioso armenio do século XII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Samuel naceu probablemente en Ani, a antiga capital dos bagrátidas, arredor de 1100.[2] Este cronista,[3] do que se sabe pouco, estudou con Gevorg Vardapet, e despois foi discípulo de Hovhannes Imastaser.[4] Foi un sacerdote e, posteriormente, reitor da catedral de Ani.[5]
Morreu arredor de 1180.Modelo:Snfp
Obra
[editar | editar a fonte]Samuel é coñecido pola súa obra "Հավաքմունք ի գրոց պատմագրաց" (en galego, Colección de libros históricos),[6] tamén coñecida como Cronoloxía de Samuel Anetsi.[7][8] É unha obra na que foi o primeiro autor armenio en utilizar a cronografía: preséntanse os acontecementos desde a creación do mundo até a década dos 60 do século XII (o ano 626 da era armenia: o 5 de febreiro de 1177 ou 6 de febreiro de 1178), en forma de táboas e entradas cronolóxicas.[9] Posteriormente, foi continuada por unha persoa anónima ata o ano 789 da época armenia (27 de decembro de 1339 - 25 de decembro de 1340),[10] e outros autores a continuaron até 1665.
Samuel Anetsi, foi un deses historiadores excepcionais da Idade Media que xunto co ensaio, dá listas coas datas de diferentes sistemas cronolóxicos, menciona as fontes empregadas e trata de aclarar a cronoloxía dos acontecementos históricos, dinastías, gobernantes e katholikós. Así, baseouse en autores anteriores[11] e continuou os traballos doutros como Eusebio de Cesarea.[12] Adoitaba opoñerse a elas, presentando os acontecementos na súa propia imaxinación, o que aumenta o valor histórico dos dous. Os acontecementos do século XIII, escritos por Samuel Anetsi como testemuña ocular, son unha fonte importante para o estudo da historia de Armenia e da Armenia Cilicia daquel período. Tamén hai materiais valiosos sobre países e pobos veciños. A pesar do seu pequeno tamaño, a Cronoloxía de Anetsi considérase unha fonte moi importante e fiable.[13] Así, en opinión da Penny Cyclopaedia: "Samuel de Ani escribiu unha obra cronolóxica concisa pero precisa, que se estende dende Adán até o pontificado de Gregorio Vikayaser".[14]
A obra foi traducida ao latín e publicada xunto co orixinal en 1818 en Milán. Por primeira vez, publicouse unha edición completa con comentarios e análises en 1893 en Vagharshapat; posteriormente, unha edición máis completa baseada na análise duns 70 manuscritos foi publicada en Iereván en 2014.[15] Tamén hai unha tradución ao francés.[16]
Ademais da "Cronoloxía", Samuel Anetsi tamén escribiu a obra "Մեկնութիւն տոմարի" (en galego: Interpretación do calendario) a petición de Stepannos Imastaser. A obra consta de dúas partes: nunha primeira parte, Anetsi compara o calendario armenio co romano; na segunda parte, o autor aborda cuestións cosmolóxicas e meteorolóxicas e trata de dar explicacións científicas a fenómenos como o arco da vella, un cometa con cola, caída de estrelas, raios, tronos, choiva, orballo, néboa, etc. Esta obra expresa claramente a influencia de Anania Shirakatsi. O manuscrito máis antigo que se conserva de "Մեկնութիւն տոմարի", data de 1373.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tolan (2000), p. 51.
- ↑ Redgate (2000), p. 259.
- ↑ Dédéyan (2007), p. 359.
- ↑ Hacikyan (2002), p. 344.
- ↑ Hacikyan (2002), p. 488.
- ↑ Karapétian (2007), p. 135.
- ↑ Molin (2001), p. 448.
- ↑ Stewart(2001, p. 215.
- ↑ Eastmond (2001), p. 94.
- ↑ ARIBL 1869-1906, p. 445-446
- ↑ Karapétian (2007), p. 134.
- ↑ Mosshammer 2008, p. 17.
- ↑ Modelo:Книга "Copia arquivada". Archived from the original on 07 de abril de 2022. Consultado o 30 de setembro de 2023.
- ↑ Society for the Diffusion of Useful Knowledge (1834). The Penny Cyclopædia of the Society for the Diffusion of Useful Knowledge Vol. II (en inglés). Londres: Charles Knight. p. 363.
- ↑ "ՄԱՏԵՆԱԴԱՐԱՆ". ՄԱՏԵՆԱԴԱՐԱՆ (en armenio). 2023-09-28. Consultado o 2023-09-30.
- ↑ "Էջ:Հայկական Սովետական Հանրագիտարան (Soviet Armenian Encyclopedia) 10.djvu/161 — Վիքիդարան". hy.wikisource.org (en armenio). Consultado o 2023-09-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Académie Royale des inscriptions et des belles lettres -ARIBL- (dir.) (1869-1906). Recueil des historiens des croisades, t. I : Documents arméniens (en francés). París: Imprimerie impériale.
- Bedrosian, Robert (2004). "Armenia during the Seljuk and Mongol Periods". En Hovannisian, Richard G.(dir.). Armenian People from Ancient to Modern Times, vol. I : The Dynastic Periods: From Antiquity to the Fourteenth Century (en inglés). Palgrave Macmillan. pp. 241–271. ISBN 978-1403964212.
- Dédéyan, Gérard (2007 [1ª ed. 1982]). "Le temps de la croisade (fin xie -fin xive siècle) — Le renouvellement de la vie intellectuelle". En Dédéyan, Gérard. Histoire du peuple arménien (en francés). Tolosa: Privat. pp. 356–362. ISBN 978-2-7089-6874-5.
- Eastmond, Antony (dir.) (2001). Eastern Approaches to Byzantium: Papers from the Thirty-third Spring Symposium of Byzantine Studies. University of Warwick, Coventry, Marzo 1999 (en inglés). Aldershot: Ashgate. ISBN 978-0-7546-0322-1.
- Hacikyan, Agop Jack, ed. (2000). The Heritage of Armenian Literature: From the sixth to the Eighteenth Century. Vol II (From the Sixt to the Eighteenth Century) (en inglés). Detroit, MI: Wayne State University Press. ISBN 0814330231.
- Karapétian, Méroujan (2007). "La littérature historique arménienne (V – XX siècles)". En Mutafian, Claude (dir.). Arménie, la magie de l'écrit (en francés). París: Somogy. pp. 134–136. ISBN 978-2-7572-0057-5.
- Molin, Kristian (2001). Unknown Crusader Castles (en inglés). Nova York / Londres: Bloomsbury Publishing. ISBN 9780826432018.
- Mosshammer, Alden A. (2008). The Easter Computus and the Origins of the Christian Era (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 9780199543120. doi:10.1093/acprof:oso/9780199543120.001.0001.
- Redgate, Anne Elizabeth (2000). The Armenians. Colección:The Peoples of Europe (en inglés). Oxford: Blackwell Publishing. ISBN 0-631-22037-2.
- Stewart, Angus Donal (2001). The Armenian Kingdom and the Mamluks: War and Diplomacy During the Reigns of Hetʻum II (1289-1307). Serie: The Medieval Mediterranean;, v. 34 (en inglés). Leiden / Boston: Brill. ISBN 9004122923. LCCN 2001037972. OL 3948563M.
- Terian, Abraham (2008). The Armenian gospel of the infancy : with three early versions of the Protevangelium of James (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-954156-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Colección de libros históricos, de Samuel de Ani Arquivado 27 de setembro de 2023 en Wayback Machine. (en armenio)