Saltar ao contido

Event Horizon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Event Horizon
Michael Kamen Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Título
Event Horizon (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Representa a
 Época ambientación
 Universo ficticio
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editorial
CBS Editar o valor en Wikidata
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
22 de agosto de 1997 (Reino Unido)
15 de agosto de 1997 (Estados Unidos de América)
15 de xaneiro de 1998 (Alemaña)
1997 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Q3411704 Traducir (1998) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración92 min Editar o valor en Wikidata
Custo60000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación26673242 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/03vfz3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
35/100 Metacritic (17 de outubro de 2025)
35% Rotten Tomatoes (8 de novembro de 2024)
5/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0119081 Filmaffinity: 622455 Allocine: 17491 Rottentomatoes: m/event_horizon Mojo: eventhorizon Allmovie: v158616 TCM: 443067 Metacritic: movie/event-horizon TV.com: movies/event-horizon Netlix: 1179574 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Event Horizon é un filme británico-estadounidense de terror e ciencia ficción dirixido por Paul W. S. Anderson que se estreou en 1997. O guión foi escrito por Philip Eisner, e re-escrito sen acreditar por Andrew Kevin Walker. Está protagonizado por Laurence Fishburne e Sam Neill. Ambientado no ano 2047, o filme segue a un grupo de astronautas enviados nunha misión de rescate á nave Event Horizon, que apareceu de súpeto no órbita de Neptuno logo de sete anos desaparecida. Mentres buscan algún sinal de vida na nave, o grupo de rescate descobre que a Event Horizon conta cun motor experimental que abriu unha fenda no continuo espazo tempo, permitindo a entrada dunha entidade hostil a bordo.

Event Horizon tivo un produción dificultosa, cunha gravación e edición apreurada por parte de Paramount para asegurar que a data de estrea prevista non coincidise con Titanic. O corte orixinal de 130 minutos foi duramente editado por orde do estudio, para a consternación do director Paul W.S. Anderson. Na súa estrea, foi un fracaso comercial e da crítica, recadando só $26,7 millóns sobre un orzamento de $60 millóns. A crítica comparou o filme de xeito pouco favorable con Alien, Hellraiser, The Black Hole, Solaris, Star Trek, Stargate, Fantastic Voyage, The Andromeda Strain, The Shining e 2001: Unha odisea do espazo.

Malia o fracaso na gran pantalla, o filme comezou a venderse ben en vídeo; a súa estrea en DVD foi tan ben que a Paramount contactou con Anderson pouco despois para comezar a traballar na restauración do material eliminado. Porén, descubriuse que o material estaba perdido ou destruído. Co paso dos anos, foise convertendo nun filme de culto, e é un referente noutras obras da cultura popular.[1]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Event Horizon: From Doomed Ship to Cult Gem Den of Geek. Consultado o 2 de febreiro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]