Salzburgo
Salzburg (de) | |||||
Epónimo | salt trade (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Austria | ||||
Estados | Salzburgo | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 155.021 (2020) (2.361,33 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 65,65 km² | ||||
Bañado por | Rio Salzach (pt) , Alterbach (pt) e Saalach (en) | ||||
Altitude | 424 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Harald Preuner (pt) (2017–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 5020, 5023, 5026, 5061, 5071, 5081 e 5082 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0662 | ||||
Código municipal austríaco | 50101 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Vilnius (1989–) | ||||
Páxina web | stadt-salzburg.at | ||||
Salzburgo[1] ou Salsburgo[2] (en alemán: Salzburg) é unha cidade austríaca, capital do estado federado (Bundesland) de Salzburgo e da rexión homónima. No ano 2019 tiña 154.211 habitantes.[3]
Topónimo
[editar | editar a fonte]O nome alemán significa castelo [da] sal, e provén das barcas que transportaban sal no século VIII e que debían pagar un imposto, uso moi común en moitos ríos de Europa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Salzburgo está a 150 km ao leste de Múnic (Alemaña), e a 300 km ao oeste de Viena. A cidade sitúase ás beiras do río Salzach, a 25 km dos contrafortes setentrionais dos Alpes. O carácter montañoso do sur da rexión de Salzburgo contrasta coas suaves ondulacións da parte norte. O cumio alpina máis próximo é o Untersberg (1.853 m), a poucos quilómetros ao suroeste. O centro da cidade está rodeado por dúas elevacións pétreas, o Mönchsberg e o Kapuzinerberg, cuxos bosques constitúen o pulmón verde da cidade.
Historia
[editar | editar a fonte]No outeiro de Rainberg existen indicios dunha ocupación continuada desde o Neolítico até a conquista romana en tempos do emperador Augusto. No outeiro do castelo de Salzburgo e no Kapuzinerberg descubríronse restos de fortificacións do que na Idade de Ferro foi seguramente o centro máis importante do pobo celta dos ambisontes.
Os romanos agruparon as pequenas comunidades agrícolas nunha única urbe, Juvavum, no ano 15 a. C. Probablemente o nome sexa adaptado dun anterior nome celta, e non dunha divindade romana. Tralo colapso da fronteira con Noricum, a vila decaeu, e no século VII xa se convertera nunha ruína.
Cara ao ano 700 San Ruperto fundou unha poboación nese lugar, convertida no ano 739 en sede dun obispado e no 798, con Arno, en arcebispado.
Foi gobernado por un Príncipe-Arcebispo até principios do século XIX. O último Príncipe-Arcebispo foi Hieronymus von Colloredo.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O casco antigo da cidade, Die Altstadt, é un dos mellor conservados das rexións xermanófonas, e en 1996 a Unesco considerouno Patrimonio da Humanidade. Está dominado polas torres das súas igrexas, as fortalezas medievais, e pola Fortaleza Hohensalzburg, edificada en 1077 por orde do arcebispo Gebhard von Helffenstein. Tamén se sitúa nel a catedral de Salzburgo, o mosteiro de San Pedro, a casa natal de Mozart, e os castelos de Mirabell e Hellbrunn.
Entre os seus museos destacan:
- Rupertinum (Museo de Arte Moderna)
- Haus der Natur Salzburg (Casa da Natureza)
- Stille Nacht Museum (Museo da Noite de Paz)
- Salzburger Freilichtmuseum (Museo ao aire libre)
- Dommuseum Salzburg (Museo Catedral)
- Museum der Moderne (Museo da Modernidade)
Na cidade celébrase desde 1920 o Festival de Salzburgo. Nel adóitase interpretar a música de Mozart e o drama Jedermann de Hugo von Hofmannsthal.
Lingua
[editar | editar a fonte]O alemán de Austria é a lingua utilizada, se ben o dialecto local, que pertence ao austrobávaro, está amplamente presente na vida social e familiar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 16 de decembro de 2014.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1291. ISBN 9788482887524.
- ↑ "Österreich - Größte Städte 2019". Statista (en alemán). Consultado o 1 de decembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Salzburgo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información turística en www.salzburg.info (en castelán).
- Información turística en www.visit-salzburg.net (en inglés)