Salvador Velayos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Salvador Velayos Hermida")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salvador Velayos
Salvador Velayos Hermida no seu cuarto da Residencia de Estudiantes. 1928.jpg
Nacemento1908
 Lugo
Falecemento3 de xuño de 1997
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfísico
editar datos en Wikidata ]

Salvador Velayos Hermida, nado en Lugo en 1908 e finado en Madrid o 3 de xuño de 1997[1], foi un físico e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do director do Instituto de Lugo, Salvador Velayos González. Estudou o bacharelato no Colexio dos Maristas e no Instituto de Lugo. En 1924 foi estudar Ciencias Físicas a Madrid aloxándose na Residencia de Estudiantes, onde logo exerceu como titor e profesor de apoio das disciplinas científico experimentais. Foi discípulo de Moles, Duperier e Cabrera, con quen estivo de bolseiro no Instituto Nacional de Física y Química. Fixo varias viaxes a centros científicos de Alemaña pola súa conta. Obtivo unha bolsa da Fundación Conde de Cartagena, xestionada pola JAE, para ampliar estudios en Múnic (Guerlach) en 1934.

Especializouse en ferromagnetismo, disciplina que foi obxecto das súas investigacións. Desde 1930 foi profesor auxiliar da Facultade de Ciencias de Madrid ata que en febreiro de 1936 gañou a cátedra de Física Teórica e Experimental da Facultade de Ciencias da Universidade de Valencia. Antes da guerra publicou traballos de investigación en revistas científicas españolas e alemás.

Republicano de esquerdas, durante a guerra traballou para o exército republicano na fabricación de fonolocalizadores para a defensa antiaérea (sistema para a detección de bombardeos en distancia e dirección). Por este labor foi inculpado do “atraso” da vitoria dos sublevados.

Ao remate da guerra foi xulgado por rebelión en consello de guerra, sendo absolto, e tamén como funcionario do Instituto Nacional de Física y Química, do que tamén librou de sanción. Pero foi sancionado polo Tribunal Especial da Universidade de Valencia: pese á declaración favorable do seu colega Julio Palacios (Vicerreitor de Madrid), quen o descargaba das acusacións que era obxecto, o xuíz especial da súa causa solicitou a suspensión de emprego e soldo por dous anos e a inhabilitación, sanción que se veu temperada polo traslado forzoso á Universidade de Valladolid e á inhabilitación para cargos directivos e de confianza. Logo de pasar quince anos en Valladolid explicando Física Xeral, onde fixo escola, retornou a Madrid en 1956, mediante oposición a unha cátedra de Electromagnetismo.

A interrupción da súa carreira por mor da guerra, a represión posterior e o exilio dos seus mestres impedirían a súa consolidación científica. Pese a isto, continuou co seu labor investigador no CSIC elaborando traballos que o situaron na vangarda da investigación.

Actualmente leva o seu nome o Instituto de Magnetismo Aplicado que rexenta RENFE e a Universidade Complutense de Madrid.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Las susceptibilidades paramagnéticas de compuestos de tierras raras en un intervalo de temperaturas amplío, 1932 (tese de doutoramento).
  • Comprobación con exactitud de la lei de Curie-Weiss en sulfatos octohidratados y óxidos lantánidos, 1934 (en colaboración con Guerlach).
  • La influencia de la comprensión en las curvas de inhalación de níquel.
  • Medición del efecto Wiedemann en los hilos de hierro y níquel.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]