Carlos Carrizosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Carrizosa
Carlos Carrizosa.jpg
Nacemento22 de marzo de 1964
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónpolítico e avogado
Na rede
Facebook: carlos.carrizosa.37 Twitter: carrizosacarlos Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Carlos Carrizosa Torres, nado en Barcelona o 22 de marzo de 1964[1] é un político catalán, deputado no parlamento de Cataluña en representación do partido político Cidadáns.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Barcelona, é membro do Colexio de Avogados de Barcelona.[1] En 1994, abriu un bufete de avogados coa que, daquela, era a súa parella.[2][3]

É membro de Ciutadans - Partit da Ciutadania no Parlamento de Cataluña,[1] dende que se uniu ao partido en 2006 desde o seu sector de avogados, onde estableceu amizades con Albert Rivera e José María Espejo-Saavedra.[2] En 2007, ingresou no comité executivo da formación, cargo que ocupou ata 2009 e que recuperou en 2011. Ese mesmo ano foi o número dous da lista por Barcelona nas eleccións municipais sen obter representación[4] e, un ano despois, foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2012.

Como deputado, foi viceportavoz de C's no Parlamento de Cataluña, onde foi o representante do partido na comisión do caso Pujol e no informe parlamentario sobre a lei electoral. Desde a XIª lexislatura foi o voceiro do grupo de Cidadáns na cámara. Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017 foi reelixido deputado por Ciutadans, partido que obtivo 36 escanos. Ideoloxicamente, defínese a si mesmo como un reformista de centro dereita, defensor dun liberalismo progresista.[5]

En maio de 2018, o presidente do Parlamento, Roger Torrent, suspendeu un pleno debido a que o deputado Carrizosa retirou un lazo amarelo dun asento.[6] O seu partido, ignorando as primarias de xullo de 2019 nas que foi elixida Lorena Roldán,[7] nomeouno como candidato á presidencia da Generalitat para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.[8][9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É afeccionado á paleontoloxía e coleccionista de cómics.[2][5] Está separado e é pai de tres fillos.[10][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Parlament de Catalunya (ed.). "Carlos Carrizosa Torres". parlament.cat (en catalán). Archived from the original on 20 de xullo de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Pareja, Pol (7 de decembro de 2017). "Carlos Carrizosa: la sombra de Inés Arrimadas". eldiario.es (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  3. "Sr. Carlos Carrizosa Torres". parlament.cat (en catalán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  4. Pagès Miravent, Vicenç (14 de febreiro de 2021). "El currículum de los candidatos a las elecciones catalanas". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Santamaría, Antonio (11 de abril de 2018). "Carlos Carrizosa, abogado y diputado de Cs: “el 155 fue el remedio de un golpe contra la democracia”". isabadell.cat (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  6. Pardo Torregrosa, Iñaki (25 de maio de 2018). "Roger Torrent suspende el pleno del Parlament después de que Carrizosa retire un lazo amarillo". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  7. 324, ed. (26/07/2019). "Lorena Roldán s'imposa a les primàries de Ciutadans i serà candidata a la Generalitat". ccma.cat (en catalán) (publicado o 26 de xullo de 2019). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  8. Redacción (19/8/2020). "Ciutadans prescindeix de Roldán i situa Carrizosa com a candidat a la Generalitat". vilaweb.cat (en catalán) (publicado o 19 de agosto de 2020). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  9. 9,0 9,1 Malvesí, Lara (8 de febreiro de 2021). "Carrizosa, el hombre de confianza de Arrimadas para afrontar un sombrío 14F". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  10. "Carlos Carrizosa, abogado y diputado de Cs: “el 155 fue el remedio de un golpe contra la democracia”". iSabadell (en catalán). 2018-04-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]