Xosé Represas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Represas Giráldez»)
Infotaula de personaXosé Represas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1956 Editar o valor em Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 2021 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ponteareas
2015 – 2021
← Salvador González SollaCristina Fernández Davila → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Ponteareas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , empregado de banca Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Represas Giráldez, nado en Xinzo (Ponteareas)[1] o 20 de maio de 1956 e finado o 24 de maio de 2021, foi un político galego[2], alcalde de Ponteareas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Empresariais pola Universidade de Vigo, traballou nunha entidade financeira en Ponteareas. Foi directivo da Comunidade de Montes de Xinzo e presidente da Asociación Forestal de Galicia. Afiliado ao BNG, concorreu ás eleccións municipais e entrou como concelleiro do BNG en Ponteareas en xuño de 2007, en substitución de Roberto Mera. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a lista do BNG en Ponteareas e foi elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE, A Riada do Tea e EU-Son[3]. Nas seguintes eleccións, en 2019, volveu saír elixido alcalde.

O 29 de abril de 2021 renunciou á alcaldía por enfermidade,[4] e faleceu o 24 de maio dese ano.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xosé Represas, novo Portavoz do BNG en Ponteareas". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 16 de xuño de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Fallece el exalcalde de Ponteareas, Xosé Represas". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de maio de 2021. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  3. "El nacionalista Represas asume el mando de Ponteareas con un pacto de izquierdas" Faro de Vigo (en castelán).
  4. "Una enfermedad obliga a Xosé Represas a renunciar a la Alcaldía de Ponteareas". 30/4/2021. Consultado o 24/5/2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]