Salvador Freixedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salvador Freixedo
SavadorFreixedo1.JPG
Nacemento23 de abril de 1923
 O Carballiño
Falecemento25 de outubro de 2019
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Pontificia Comillas
Ocupaciónescritor, ufólogo, parapsychologist, sacerdote católico e Jesuit
editar datos en Wikidata ]

Salvador Freixedo Tabarés, nado no Carballiño o 23 de abril de 1923 e finado o 25 de outubro de 2019,[1] foi un ex-sacerdote católico galego e ex-membro da Compañía de Xesús, ufólogo e investigador de temas paranormais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Salvador Freijedo Sainz, oficial de Correos no Carballiño e despois notario. Nado nunha familia profundamente relixiosa (o seu irmán foi xesuíta e a súa irmá monxa). Aos cinco anos a familia trasladouse a Ourense, onde iniciou os seus estudos, fixo párvulos nas monxas de San Vicente Paúl e o bacharelato no Instituto Otero Pedrayo. Aos dezaséis anos ingresou na Compañía de Xesús sendo ordenado sacerdote en 1953, en Santander, pertenecendo a esta orde trinta anos. Residiu en varios países de América dende 1947 como xesuíta, ensinando Historia da Igrexa no Seminario Interdiocesano de Santo Domingo de Guzmán (República Dominicana), e fundando o Movimiento de la Juventud Obrera Cristiana en San Juan de Puerto Rico sendo viceasesor nacional do mesmo en La Habana. Cursou estudos de humanidades en Salamanca,[2] de filosofía na Universidade de Comillas, de teoloxía no Alma College de San Francisco, de ascética no Mont Laurier (Quebec), de psicoloxía na Universidade de Los Angeles (California) e na Universidade de Fordham de Nova York.

Dende a década de 1950 a súa posición crítica coas posturas da Igrexa católica e a publicación dalgúns libros levárono á cadea e á expulsión de Cuba e Venezuela, así como á súa exclusión dos Xesuítas en 1969. Dende os anos setenta dedicouse á investigación no campo da parapsicoloxía, en especial do fenómeno ovni, e a súa relación co fenómeno relixioso e coa historia humana, publicando diversos libros sobre o tema, e fundado o Instituto Mexicano de Estudios del Fenómeno Paranormal, do que presidiu o Primer Gran Congreso Internacional organizado esta institución.

Foi invitado como relator en congresos internacionais, así como colaborador de revistas paracientíficas, como Mundo Desconocido,[3] Karma 7 ou Más allá de la Ciencia[4] entre outras. Tamén participou en programas de radio e televisión dedicados a este tipo de temáticas.

Obras[editar | editar a fonte]

De 1950 a 1970[editar | editar a fonte]

  • En 1957, mentres estaba en Cuba, escribiu o seu primeiro libro, 40 Casos de Injusticia Social. A súa publicación conmoviu as altas esferas do poder e foi invitado polo dictador Batista a abandonar a illa.
  • En 1968, estando en Porto Rico, escribiu Mi Iglesia Duerme, no que expuña a problemática dunha Igrexa encorsetada e denunciaba o pouco espírito evanxélico dalgúns dos seus dirixentes así como a irracionalidade dalgúns dos seus dogmas, polo que foi expulsado dos Xesuítas. En España prohibiuse o libro, mentres que en Sudamérica e Norteamérica desatouse unha gran controversia.
  • En 1970 apareceu en Venezuela Amor, Sexo, Noviazgo, Matrimonio, Hijos: Cinco Realidades en Evolución (Mitos religiosos en las relaciones humanas). Por influencias episcopais, o partido social-cristiano no poder encarcerouno e posteriormente expulsouno do país.

A partir de 1970[editar | editar a fonte]

A partir da súa ruptura coa Compañía estudou a fenomenoloxía paranormal, considerándoa como unha fiestra cara outras realidades ou dimensións da existencia. Froito das súas viaxes, investigacións e reflexións publicou máis de trinta libros (varios sobre a relación da relixión cos extraterrestres), como:

  • Extraterrestres y creencias religiosas (Extraterrestres y religión) (1971)
  • El diabólico inconsciente (Parapsicología y religión) (1973)
  • Visionarios, místicos y contactos extraterrestres (La religión entre la parapsicología y los OVNIS) (1977)
  • Israel, pueblo contacto (1978)
  • 60 casos de OVNIS
  • ¿Por qué agoniza el Cristianismo? (1983)
  • Diccionario sulfúrico
  • Curanderismo y Curaciones por la Fe (1983)
  • ¡Defendámonos de los dioses! (1984)
  • Las apariciones de El Escorial (Las Apariciones Marianas) (1985)
  • Religión, política y microcefália
  • El Cristianismo: un mito más (1986)
  • Los curanderos (1987)
  • La granja humana (Ellos, los dueños invisibles de este planeta) (1988)
  • La amenaza extraterrestre (1989)
  • Interpelación a Jesús de Nazaret (1989)
  • Apariciones religiosas : mito o realidad? ; una explicación a fenómenos como el de Villa Alemana (1989)
  • Los contactados (1991)
  • Los hijos de la Nueva Era (1992)
  • Los OVNIS, ¿una amenaza para la humanidad? (1992)
  • Biografía del fenómeno OVNI (1992)
  • ¿Qué son los OVNIS? (1993)
  • Fenómeno OVNI: Evidencias (1993)
  • En los límites del universo (1994)
  • OVNIS y dioses depredadores (1995)
  • Las religiones que nos separan (1995)
  • Videntes, visionarios y vividores (1998)
  • Un gallego llamado Cristóbal Colón, redescubridor de América (2002)[5]
  • La Expaña de Z (2010)
  • Teovnilogía (2012)
  • Iglesia, ¡despierta! (2015)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Muere el ex jesuita y ufólogo Salvador Freixedo a los 96 años". Burbuja.info (en castelán). Consultado o 26 de octubre de 2019. 
  2. Freixedo, Salvador (1984). ¡Defendámonos de los dioses!. Madrid: Editorial Quintá. p. 222. ISBN 84-398-2245-6. 
  3. "Mundo Desconocido". Consultado o 21 de enero de 2012. 
  4. Más allá de la Ciencia. No seu primeiro número apareceu un moi polémico artígo do autor sobre "El informe Matrix".
  5. "Presentación do libro, no que se defende a tese de que Colón era galego". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]