Sacha Distel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSacha Distel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Alexandre Sacha Distel Editar o valor em Wikidata
29 de xaneiro de 1933 Editar o valor em Wikidata
13.º arrondissement de Paris (Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xullo de 2004 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Rayol-Canadel-sur-Mer (Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaRayol-Canadel-sur-Mer Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSacha Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Claude-Bernard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , guitarrista de jazz , actor , artista discográfico , músico de jazz , compositor , cantante , cantautor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata - 2004 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorVersailles (pt) Traducir, A&R (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoJazz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoPhilips
EMI
Polydor Records
RCA Victor
Carrère Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesRay Ventura (pt) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
24 de xullo de 2004Funeral Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websachadistel.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0228457 Youtube: UCzQRMt5EcGJU_X0s2DSt9tA Musicbrainz: ed1798ac-118a-4c3e-97d3-47aa1fa0a76a Songkick: 472582 Discogs: 269321 Allmusic: mn0000276044 Find a Grave: 9173413 Genius: Sacha-distel Editar o valor em Wikidata

Alexandre "Sacha" Distel, nado en París o 29 de xaneiro de 1933 e finado en Rayol-Canadel-sur-Mer o 22 de xullo de 2004, foi un cantante e guitarrista francés. Foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra en 1997.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Distel era fillo do emigrante ruso-francés Léonide Distel, nado en Odesa (Imperio Ruso) e da pianista franco-xudía Andrée Ventura (1902–1965), nada en Constantinopla.[2] O seu tío, o director de banda Ray Ventura,[3] promovía o jazz na década de 1930 e estaba involucrado no swing en Francia. Despois de que Ventura se establecese en París coa súa orquestra Les Collégiens, Distel deixou o piano e cambiouse á guitarra.[4]

En 1948, Ventura convidou a Distel a escoitar unha actuación de Dizzy Gillespie coa súa orquestra, xunto con Bruno Coquatrix, Paul Misraki e André Hornez. Os esforzos de Distel levaron a que a orquestra se dividise en dúas bandas rivais, Guy Wormser's New Orleans e o grupo de afeccionados ao cool jazz e bebop liderados por Distel. Despois de coñecer o saxofonista Hubert Damisch, Distel fundou a banda que lle permitiría estar cos líderes. Coa axuda de Jean Marie Ingrand (baixo), Mimi Perrin (piano) e Jean-Louis Viale (percusión), a banda gañou o premio á mellor pequena orquestra moderna de jazz de Coliseum's Night, con Damisch e Distel gañando premios a mesma noite.

Distel converteuse en guitarrista profesional de jazz. Durante a súa carreira traballou con Dizzy Gillespie e Tony Bennett. Apareceu en The Ed Sullivan Show a finais da década de 1950 tras establecerse como crooner francés. Acadou a fama en 1958 coa canción "Brigitte", homenaxe a Brigitte Bardot, cunha foto da parella na carátula. Na década de 1960 compuxo "La Belle Vie", canción que cruzou o Atlántico como "The Good Life" intepretada por Tony Bennett. Na década de 1960 participou en varios programas de televisión franceses. O seu único éxito no Reino Unido chegou en 1970 cunha versión de "Raindrops Keep Falling on My Head", canción gañadora do Óscar composta por Burt Bacharach e Hal David para o filme Butch Cassidy and the Sundance Kid. A versión de Distel acadou o número 10 no Reino Unido. Na década de 1970, fíxose popular fóra de Francia e presentou o concurso de Miss Mundo en Londres en 1977.

Apareceu en programas de televisión de variedades no Reino Unido nos setenta e nos oitenta, incluídos Seaside Special e The Val Doonican Show. Mantivo a popularidade no seu país, e gravou versións francesas de éxitos en inglés como "Vite, Chérie, Vite" ("Beach Baby"), "Chanson Bleue" ("Song Sung Blue") e "Je T'Appelle Pour Dire Que Je T'Aime" ("I Just Called To Say I Love You"). Tamén gravou cancións en alemán, castelán e italiano para o seu público noutras partes de Europa.

En agosto de 1980, actuou no palacio de Buckingham polo 80.º aniversario de Isabel, a raíña nai.

O 12 de xaneiro de 2004, Distel gravou unha edición de Desert Island Discs para BBC Radio 4. Entre as oito cancións que escolleu estaban temas de Maurice Ravel e Frank Sinatra. O programa foi emitido un mes máis tarde, o 15 de febreiro de 2004, cinco meses antes da súa morte.

Durante a súa carreira, Distel traballou con Kenny Clarke, Jimmy Gourley, Lionel Hampton, Slide Hampton, Bobby Jaspar, Barney Kessel, John Lewis, Pierre Michelot, Bernard Peiffer, Henri Renaud, Fats Sadi, Art Simmons, Martial Solal, René Urtreger e Barney Wilen.[5]

Distel faleceu de cancro de estómago aos 71 anos o 22 de xullo de 2004.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Distel tivo unha relación coa actriz Brigitte Bardot en 1958 tras convidala á súa festa de aniversario en St. Tropez. A relación acabou en 1959. Estivo relacionado romanticamente coa cantante Dionne Warwick e casou coa esquiadora campioa olímpica Francine Bréaud en 1963. Distel afirmou publicamente que se mantiña fiel á súa esposa: "Todo o que quero dunha mulle, téñoo na casa".[7]

Nunha entrevista un mes despois do pasamento de Distel, a súa viúva Francine dixo que sabía que el lle era infiel: "sabía o que ía ocorrer e sabía que ía pasar".[8]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Afternoon in Paris con John Lewis (Atlantic, 1957)
  • Everybody Loves the Lover (Philips, 1961)
  • From Paris with Love (RCA Victor, 1962)
  • Les Filles Moi J'Aime Ca! (RCA, 1963)
  • The Good Life (Kapp, 1969)
  • Back to Jazz con Slide Hampton (La Voix de Son Maitre, 1969)
  • Sacha Distel (Warner Bros., 1970)
  • Close to You (Warner Bros., 1970)
  • More and More (Warner Bros., 1971)
  • Love Music (Polydor, 1973)
  • Swing with Sacha Distel (Contour, 1973)
  • Love Is All (Pye, 1976)
  • Forever and Ever (Carrere, 1978)
  • From Sacha with Love (Mercury, 1979)
  • Amour Tout Court (DRG, 1982)
  • My Guitar and All That Jazz (Pablo, 1983)
  • Move Closer (Towerbell, 1985)
  • Ecoute Mes Yeux (Arcade Music, 1998)
  • But Beautiful (Mercury Records, 2003)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ordre De La Legion D'honneur Décret du 31 décembre 1996 portant promotion et". JORF (en francés) 1997 (1): 29. 1 de xaneiro de 1997. PREX9612816D. Consultado o 18 de decembro de 2014. 
  2. "Sacha Distel". The Telegraph. 22 de xullo de 2004. Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  3. Harris, Craig. "Sacha Distel". AllMusic. Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  4. "La découverte du bebop". Sacha Distel Official Myspace. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2009. Consultado o 2 de xullo de 2009. 
  5. Kernfeld, Barry (2002). Kernfeld, Barry, ed. The New Grove Dictionary of Jazz 1 (2nd ed.). Nova York: Grove's Dictionaries. p. 619. ISBN 1-56159-284-6. 
  6. Reins 2004.
  7. Leigh, Spencer (24 de xullo de 2005). "Sacha Distel". The Independent. Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  8. Randall, Colin (27 de agosto de 2004). "Why I accepted Sacha's string of affairs". The Telegraph. Consultado o 27 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]