Burt Bacharach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Burt Bacharach
Nome completoBurt Freeman Bacharach
Nacemento12 de maio de 1928
Lugar de nacementoKansas City e Kansas City
Falecemento8 de febreiro de 2023
Lugar de falecementoOs Ánxeles
SoterradoHillside Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterMannes College The New School for Music, Universidade McGill, Music Academy of the West e Forest Hills High School
Ocupaciónpianista, compositor, compositor de cancións, compositor de bandas sonoras, produtor musical, artista discográfico, músico, arranxador, director de orquestra, cantante e letrista
PaiBert Bacharach
NaiIrma M. Freeman
CónxuxeAngie Dickinson e Carole Bayer Sager
FillosNikki Bacharach
PremiosGrammy á carreira artística, Prêmio Grammy ao Curador, Academy Award for Best Original Score, no Musical, Prêmio Gershwin, Johnny Mercer Award, Óscar á mellor canción orixinal e Óscar á mellor canción orixinal
Na rede
http://www.bacharachonline.com/
IMDB: nm0000820 Allocine: 35764 Rottentomatoes: celebrity/burt_bacharach Allmovie: p80337 IBDB: 11332
Facebook: Burt-Bacharach-Legend-583913155035715 Twitter: burtbacharach Instagram: burt_bacharach Spotify: 35y7CZMg7jbG8Q96JY7dyC iTunes: 39042 Last fm: Burt+Bacharach Musicbrainz: 2882ffa3-dec9-4055-a842-a950728bcb02 Songkick: 109263 Discogs: 58359 Allmusic: mn0000642542 WikiTree: Bacharach-18 Find a Grave: 249359575 Deezer: 7175 Genius: Burt-bacharach Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Burt Freeman Bacharach, nado en Kansas City (Missouri) o 12 de maio de 1928 e finado o 8 de febreiro de 2023 nos Ánxeles, foi un compositor, produtor e letrista estadounidense. Centos das súas cancións, moitas delas en colaboración co letrista Hal David, foron populares nas listas de éxito entre as décadas dos cincuenta e dos oitenta e foron regravadas por máis de mil artistas desde entón.[1] Obtivo os galardóns máis importantes da industria do entretemento, entre eles seis premios Grammy, dous Globos de Ouro, un premio da BAFTA, un Emmy e tres Óscar.[2]

A súa música considérase easy listening e el mesmo foi descrito como «un compositor cun venerable nome que pode estar conectado a calquera outro prominente artista do seu tempo».[3] Na última parte da súa carreira, algunhas das súas cancións fixeron parte de bandas sonoras de filmes moi coñecidos.[3] Destacou como unha influencia importante para o pop orquestral e o shibuya-kei e xunto con Hal David, foi incluído pola revista Rolling Stone na súa listaxe dos «100 compositores máis grandes de todos os tempos».[4][5][6][7] En 2012, ambos foron condecorados co premio Gershwin polo presidente Barack Obama polo legado das súas composicións na música.[8]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Bacharan é fillo de Irma (de solteira Freeman) e Bert Bacharach, un xornalista. Bacharach estudou música na Universidade McGill, o Colexio de Música de Mannes e a Academia de Música do Oeste en Santa Bárbara, California. Durante a década de 1950 e comezos dos sesenta foi o pianista, arranxador e músico principal de Marlene Dietrich con quen participou en xiras.

Primeiros traballos[editar | editar a fonte]

En 1957, Bacharach e o letrista Hal David comezaron a traballar xuntos en Nova York. Case un anos máis tarde, a súa canción "The Story of My Life" foi gravada por Marty Robbins para Columbia Records chegando ao número un das listas de música country a finais dese ano; a continuación, "Magic Moments" foi gravada por Perry Como para RCA Records e acadou o número 4 en febreiro de 1958. Estas dúas cancións chegaron ao número un de xeito consecutivo no Reino Unido, dándolles a Bacharach e David a honra de seren os primeiros autores na historia do país que escribiron dous números un consecutivos. Despois chegaron éxitos como "Heavenly" e "Faithfully" na voz de Johnny Mathis, ambos merecedores de disco de ouro.

A inicios da década de 1960, Bacharach escribiu máis de cen cancións con David, que inclúen unha morea de éxitos populares ao longo de dúas décadas, moitos deles con gran popularidade posterior. Durante os sesenta, ambos estiveron ligados a Dionne Warwick, unha vocalista formada en conservatorio que os coñeceu en 1961. Ela comezou traballar co dúo cando precisaron dunha boa cantante para faceren demostraións axeitadas das súas cancións para outros artistas. Bacharach e David notaron que a calidade das probas de Warwick adoitaban superar as interpretacións dos que as gravaban. Entón comezaron escribir parte das súas obras especificamente para Warwick e isto conduciu á formación dun equipo de grande éxito da música popular. Nun espazo de vinte anos, Warwick levou ás listas 38 sinxelos coescritos ou producidos por Bacharach, incluíndo 22 cancións dentro dos primeiros 40 postos das listas do Billboard. Entre estas cancións aparecen "Walk on By", "Anyone Who Had a Heart", "Alfie", "I Say a Little Prayer", "I'll Never Fall in Love Again", "What the World Needs Now Is Love", e "Do You Know the Way to San Jose?". A principios dos sesenta, Bacharach colaborou tamén con Bob Hiliard en varias cancións como "Mexican Divorce" para The Drifters e "Any Day Now" para Chuck Jackson.

Durante os anos 60 e 70 as cancións de Bacharach fixéronse célebres nas voces de artistas como The Beatles ("Baby It's You"), The Carpenters ("Close to You", que primeiro foi gravada por Warwick, aínda que sen o éxito da nova versión), Barbra Streisand, Aretha Franklin ("I Say a Little Prayer"), B.J. Thomas ("Raindrops Keep Falling on my Head"), Tom Jones ("What's New, Pussycat"), The Stranglers, Dusty Springfield, The Drifters, Jack Jones, Jackie DeShannon ou Luther Vandross.

Moitos temas de Bacharach foron adaptados por músicos de jazz como Stan Getz e Wes Montgomery. Ademais, foi compositor e arranxador de filmes de éxito como Alfie e Casino Royale. Bacharach e David tamén traballaron en Broadway co produtor David Merrick no musical de 1968 Promises, Promises. En 1969 a canción interpretada por BJ Thomas "Raindrops Keep Falling on My Head" no filme Butch Cassidy and the Sundance Kid gañou o Óscar á mellor canción.

Desde a década dos setenta[editar | editar a fonte]

Burt Bacharach en 2009.

En 1973, Bacharach e David intentaron revivir o filme clásico de 1937 Lost Horizon converténdoo nun musical. O resultado foi un fracaso comercial e de crítica que acabou en demandas tanto entre eles dous como por parte de Warwick.

A inicios da década de 1980, Bacharach creou unha nova sociedade de composición con Carole Bayer Sager, coa que finalmente casou. Entre as súas composicións máis salientables estiveron "Arthur’s Theme (Best That You Can Do)" (Christopher Cross), "Heartlight" (Neil Diamond), "Making Love", "On My Own" e "That's What Friends Are For" de 1985, da que as ganancias van directamente a fundacións para a loita contra a sida. En canto a novas versións dos seus temas clásicos, en 1983 contou cunha versión de éxito da súa canción "(There's) Always Something There to Remind Me" pola banda new wave inglesa Naked Eyes.

Nos anos noventa, Bacharach apareceu en filmes de Hollywood como os de Austin Powers.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Bacharach casou en catro ocasións. O seu primeiro matrimonio foi con Paula Stewart (1953-1958) e o segundo coa actriz Angie Dickinson (1965-1980). Bacharach e Dickinson tiveron unha filla, Nikki Bacharach, que sufriu de síndrome de Asperger e se quitou a vida o 4 de xaneiro de 2007, at the age of 40.[9]

Posteriormente casou coa letrista Carole Bayer Sager (1982-1991); Bacharach e Sager adoptaron un fillo, de nome Cristopher. En 1993 casou con Jane Hanson. Tivo dous fillos con Hansen, un fillo chamado Oliver e unha filla chamada Raleigh.[10] A autobiografía de Bacharach, Anyone Who Had a Heart, publicouse en 2013.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Burt Bacharach interview: what was it all about?", The Telegraph U.K., 1 de xuño de 2013
  2. John, Bush. "Burt Bacharach". AllMusic. 
  3. 3,0 3,1 Farina, William (2013). The German Cabaret Legacy in American Popular Music. McFarland. ISBN 978-0-7864-6863-8. 
  4. "Chamber pop". AllMusic. 
  5. Lindsay, Cam (4 de agosto de 2016). "Return to the Planet of Cornelius". Vice. 
  6. Anon. "Shibuya-Kei". AllMusic. 
  7. "100 Greatest Songwriters of All Time". Rolling Stone. agosto de 2015. 
  8. "Hal David, Burt Bacharach honored in D.C. with Gershwin Prize". Los Angeles Times. 9 de maio de 2012. 
  9. "Bacharach, Lea 'Nikki'", Los Angeles Times (8 de xaneiro de 2007): B9.
  10. Barber, Richard (10 de xuño de 2016), "Burt Bacharach at 88: 'Why would I ever want to stop?'", The Telegraph U.K.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]