SS Adriatic (1871)
SS Adriatic | |
---|---|
Historial | |
Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast |
Clase | Oceanic |
Tipo | Transatlántico |
Operador | White Star Line |
Botado | 17 de outubro de 1871 |
Viaxe inaugural | 11 de abril de 1872 |
Baixa | 1899 |
Destino | Despezado |
Características xerais | |
Desprazamento | 3.888 toneladas |
Eslora | 138.1 m |
Manga | 12.5 m |
Velocidade | 14.5 nós |
Capacidade | 850 pasaxeiros |
O SS Adriatic foi un transatlántico inglés pertencente á White Star Line. Entrou en servizo en 1872 xunto co seu irmán o SS Celtic. Foi o primeiro dos dous barcos da White Star en levar dito nome. Foi dado de baixa en 1899.
Historia
[editar | editar a fonte]Construción e posta en servizo
[editar | editar a fonte]Os catro primeiros barcos da White Star Line, construídos baixo a dirección de Thomas Henry Ismay, tiveron un grande éxito na liña transatlántica. A compañía inmediatamente ordenou construír dous máis, o Adriatic e o SS Celtic. O Adriatic foi construído nos estaleiros de Harland and Wolff en Belfast e botouse o 17 de outubro de 1871. Ata a súa viaxe inaugural en 1872, o Adriatic permaneceu en dique seco.
O Adriatic realizou a súa viaxe inaugural o 11 de abril de 1872 entre Liverpool e Nova York, baixo as ordes do capitán Digby Murray, quen xa estivera ó mando do SS Oceanic na súa viaxe inaugural.
O Adriatic tiña unha configuración similar á do Oceanic, cunha cheminea e catro mastros de 45,7 metros cada un. O casco estaba pintado en negro cos códigos da compañía, e a cheminea estaba pintada de cor ocre cunha franxa en negro. Foi o barco máis grande da empresa ata a construción do SS Britannic.
Entre 1872 e 1875 foi recoñecido coa Banda Azul, outorgada ós barcos máis rápidos en cubrir a travesía do Atlántico.
Accidentes e fin da carreira
[editar | editar a fonte]O Adriatic estivo implicado en numerosos accidentes durante a súa carreira. O primeiro produciuse en outubro de 1874, cando colidou co Parthia da Cunard Line, causando numerosos danos en ambos barcos. En marzo de 1875 viuse envolto noutro accidente, esta vez co americano Columbus, no porto de Nova York. En decembro dese mesmo ano sufriu un accidente contra o veleiro Harvest Queen provocando a morte de todos os pasaxeiros deste.
Cando o novo RMS Oceanic entrou en servizo en 1899, o Adriatic foi vendido para o desarme, chegando a Preston o 12 de febreiro dese ano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The White Star Liner Adriatic: A Ship with a Curse, or just Numerous Cases of Negligence? sur White Star Ships (en inglés)
- Adriatic I of the White Star Line sur Titanic-Titanic.com (en inglés)