Süleyman Demirel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Süleyman Demirel
Suleyman Demirel 1998.jpg
Nacemento1 de novembro de 1924
Lugar de nacementoİslamköy
Falecemento17 de xuño de 2015
Lugar de falecementoAncara
Causadoenza respiratoria
SoterradoAtabey
NacionalidadeTurquía
RelixiónSunnismo
Alma máterUniversidade Técnica de Istambul
Ocupaciónenxeñeiro e político
CónxuxeNazmiye Demirel
PremiosGrand Order of King Tomislav, Knight of the Order of the White Eagle, Order of the Republic, Collar of the Order of the Star of Romania, Collar of the Order of the Cross of Terra Mariana, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, doutor honoris causa pola Universidade Hebrea de Xerusalén, Honorary doctor of the University of Zagreb, Great Gold Medal of Masaryk University, Order of the Golden Fleece, Istiglal Order e Sheref Order
Na rede
IMDB: nm1291881 Find a Grave: 147958670 Editar o valor em Wikidata
Süleyman Demirel Signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

Sami Gündoğdu Süleyman Demirel, nado en Atabey o 1 de novembro de 1924 e finado en Ancara o 17 de xuño de 2015, máis coñecido como Süleyman Demirel, foi un político turco.[1] Chegou a ser primeiro ministro —sete veces entre 1965 e 1993— e presidente de Turquía (1993-2000), o noveno do país. Cando gañou as eleccións xerais de 1965 en Turquía, converteuse no segundo líder elixido democraticamente na historia turca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo electo como potencial primeiro ministro por Adnan Menderes, Demirel foi elixido como líder do Partido Xustiza en 1964 e organizou a caída de İsmet İnönü en 1965, malia non tratarse dun membro do parlamento nese tempo. Apoiou ao goberno de Suat Hayri Ürgüplü ata que o seu partido fíxose coa maioría parlamentaria nas eleccións xerais de 1965. Con iso formou o seu primeiro goberno substituíndo ao proscrito Partido Demócrata, e foi reelecto como primeiro ministro en 1969 tras gañar a maioría parlamentaria por segunda vez. A pesar de que as súas reformas controlaron o problema da inflación, renunciou ao cargo de primeiro ministro logo de que o orzamento fose bloqueado polo parlamento, pero pouco tempo despois conseguiu formar un terceiro goberno. Esta vez o seu mandato finalizou polo golpe de estado de 1971.

Demirel foi líder da oposición entre 1971 e 1975 antes de formar unha alianza de catro partidos para formar goberno, coñecido como Primeira Fronte Nacionalista, que colapsou en 1977. Xunto con outros partidos, formou un gabinete cunha alianza chamada Segunda Fronte Nacionalista en 1977, que caeu en 1978. Sendo minoría en 1979, non logrou ser electo presidente en 1980, levando isto ao golpe de estado de 1980 que lle prohibiu de exercer cargos políticos. No referendo de 1987, Demirel recuperou o dereito a participar activamente en política e asumiu o liderado do Partido Camiño Correcto. Gañou nas eleccións xerais de 1991 e formou unha coalición co Partido Socialdemócrata Populista (SHP), asumindo así o seu quinto e último mandato como primeiro ministro. Logo do repentino falecemento de Turgut Özal, Demirel presentouse nas eleccións presidenciais de 1993, converténdose así no presidente de Turquía até 2000. Con 10 anos e 5 meses, o tempo de Demirel como primeiro ministro é o máis longo da historia turca, logo de İsmet İnönü e Recep Tayyip Erdoğan.

Primeiros anos e formación académica[editar | editar a fonte]

Demirel naceu o 1 de novembro de 1924, en Atabey, un pobo na provincia de Isparta. Logo de terminar a escola primaria no seu pobo natal, realizou os estudos secundarios en Isparta e Afyon. Graduouse como enxeñeiro civil na Universidade Politécnica de Istambul en 1949.[2]

Predecesor:
Turgut Özal
Presidente de Turquía
Emblem of the Presidency of Turkey.svg

19932000
Sucesor:
Ahmet Necdet Sezer
Predecesor:



Suad Hayri Ürgüplü
Sadi Irmak
Bülent Ecevit
Bülent Ecevit
Mesut Yılmaz
Primeiro ministro de Turquía
Seal of Prime Ministry of the Republic of Turkey (until 2015).svg

1965 - 1971
1975 - 1977
1977 - 1978
1979 - 1980
1991 - 1993
Sucesor:



Nihat Erim
Bülent Ecevit
Bülent Ecevit
Turhan Feyzioğlu
Erdal İnönü

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Falece o expresidente de Turquía durante os noventa Suleiman Demirel". El Progreso de Lugo. 17 de xuño de 2015. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  2. Arslanbenzer, Hakan (19 de xuño de 2015). "Süleyman Demirel: Dream for a ‘Great Turkey'" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]