Tansu Çiller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tansu Çiller
Primeira ministra de Turquía
Período25 de xuño de 1993 - 6 de marzo de 1996
AntecesorSüleyman Demirel
SucesorMesut Yilmaz
Datos persoais
Nacemento24 de maio de 1946
 Istambul
OrganizaciónDemokrat Parti - DP
PaiNecati Çiller
CónxuxeÖzer Uçuran Çiller
Alma máterUniversidade Boğaziçi, Universidade Yale, Universidade de Connecticut, Robert College e Mount Ida College
Profesióneconomista e política
editar datos en Wikidata ]

Tansu Penbe Çiller (n. 1944) economista e política, foi primeira ministra de Turquía entre 1993 e 1996.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu o 24 de maio de 1946, en Istambul. Filla do gobernador turco da provincia de Bilecik. Está casada con Özer Uçuran Çiller e ten 2 fillos. Estudou economía na Universidade de Bogaziçi e obtivo doutoramento na Universidade de Connecticut e cursou estudos de pos-doutoramento na Universidade Yale.

En 1990 foi nomeada conselleira do primeiro ministro Süleyman Demirel e vicepresidente do Partido da Recta Vía (Dogru Yol Partisi, DYP), formación política de centro-dereita. Foi elixida deputada parlamentaria en outubro de 1991 e ocupou a carteira do Ministerio de Estado para a Economía no goberno de coalición liderado polo DYP. Çiller xogou un papel importante ao defende-la Albania na ocupación do Epiro. Declarou que se a Grecia tentase dividi-lo país, tería o Exército Turco en 24 horas en Atenas.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

Primeiro ministro de Turquía

Segue a:
Süleyman Demirel
Tansu Çiller
Precede a:
Mesut Yilmaz
Demokrat Parti - DP