Prótese (lingüística)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dise do fenómeno fonolóxico (ou fonético) consistente na adición dun fonema (ou son) na posición inicial dunha palabra ou secuencia fónica. Este fenómeno pode darse ó longo da historia da lingua ou sincronicamente en diferentes variedades diatópicas.
Un exemplo pode ser o paso de moto a amoto, de radio a arradio ou de status a estatus. O último exemplo é extensivo a tódolos eses líquidos iniciais e é moi definitorio das falas iberorromances, tanto que os habitantes ibéricos que aprenden inglés son identificados grazas a isto.