Hekla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Volcán Hekla
Hekla hraun.jpg
Elevación: 1.491 metros
Latitude: 65° 59′ N
Lonxitude: 19° 42′ W
Localización: Islandia
Tipo: Estratovolcán
Primeiro ascenso:
Última erupción: 28 de febreiro de 2000

O Hekla é un volcán de Islandia de 1447 metros de altura que, xunto aos volcáns Etna e Vesuvio, é o máis activo de Europa. Desde a súa primeira erupción rexistrada en 1104, e que destruíu vastas áreas, incluíndo o poboado de Þjórsárdalur, Hekla entrou en erupción 17 veces causando grande dano nos terreos circundantes. Ao comezo da súa erupción en marzo de 1947, a columna de lume e cinzas ascendeu a 30.000 metros e houbo novas erupcións en 1980 e 1981. Desde entón, non houbo grandes erupcións pero continúa moi activo no interior.