Río Santa Lucía
Río Santa Lucía | |
---|---|
País | Uruguai |
Nacemento | Serra de Minas |
Altitude | 250 msnm |
Lonxitude | 248 km |
Conca | 14.200 km² |
Caudal medio | 2.700 m³/s |
Desembocadura | Río da Prata |
O Santa Lucía é o principal río do sur do Uruguai. A súa lonxitude é de 248 km e a súa cunca abrangue 14.200 km². Nace nunha vertente occidental das serras do departamento de Lavalleja, preto de Minas. Gran parte do seu curso funciona de límites entre os departamentos de Florida e Canelones, posteriormente entre este e San José e no seu último treito separa San José de Montevideo. Desemboca no Río da Prata, formando un pequeno delta onda a Illa do Tigre. Os seus principais afluentes son os ríos Santa Lucía Chico e San José, pero ten ademais 200 arroios e máis de 1000 canellóns. En chegando á súa desembocadura, o río ten un caudal medio de 28.000 L/s.
Na localidade de Aguas Corrientes atópase a depuradora de auga de O.S.E. que, aproveitando o leito do río, abastece de auga potable á cidade de Montevideo e a gran parte do sur do país.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Santa Lucía |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |