Lavalleja é un departamento uruguaio que se acha no sueste do país. A súa capital é Minas. Ten unha área de 10.016km² e no 2004 posuía 60.925 habitantes.
O nome do departamento provén do brigadier xeral Juan Antonio Lavalleja, quen tivo unha destacada actuación militar e política na loita independentista do país e que era natural do mesmo.