Ruy Duarte de Carvalho
Nome orixinal | Ruy Alberto Duarte Gomes de Carvalho |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de abril de 1941 Santarém, Portugal |
Morte | 12 de agosto de 2010 Swakopmund, Namibia |
Outros nomes | Ruy Duarte |
País de nacionalidade | angolana |
Educación | École des hautes études en sciences sociales de París |
Director de tese | Jean Copans (pt) |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo, escritor e director de cine |
Empregador | Universidade Agostinho Neto |
Influencias | |
Premios | |
Prémio Literário Casino da Póvoa (2008) | |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, |
Ruy Duarte de Carvalho, nado o 22 de abril de 1941 en Santarém (Portugal) e finado o 12 de agosto de 2010 en Swakopmund (Namibia), fou un escritor, cineasta e antropólogo angolano de orixe portuguesa.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Portugués de nacemento, pasou a infancia en Moçâmedes capital da provincia de Namibe en Angola, volvendo a Santarém en 1955. Despois de facer un curso de Rexentes Agrícolas, que realizou na entón Escola de Rexentes Agrícolas de Santarém (agora Escola Superior Agraria), en 1960, traballou na Estación Experimental de Caraculo. Tamén traballou nos sectores do café e da gandaría. En 1971 decidiu instalarse en Lourenço Marques, onde foi xefe de produción dunha fábrica de cervexa.
En 1972 marchou a Londres para estudar cinema. Ao seu regreso sería admitido na Televisión Popular de Angola, como director. É o autor das longametraxes Nelisita: Nyaneka Narratives (1982) e Moia: The Island Scrap (1989).
Adquiriu a nacionalidade angolana en 1983,[3] e deixou de novo a antiga colonia para cursar o seu doutoramento en antropoloxía na École des Hautes Études de Sciences Sociales de París.
A partir de 1976 compaxinou a escritura, o cinema e a dicencia na Universidade de Luanda e, profesor convidado, tamén deu clases na Universidade de Coímbra e na Universidade de São Paulo, Brasil.
Obra
[editar | editar a fonte]- Chão de Oferta (poesía, 1972)
- A Decisão da Idade (poesía, 1976)
- Como se o Mundo não Tivesse Leste (narrativa,1977)
- Exercícios de Crueldade (poesía,1978)
- Sinais Misteriosos…Já se Vê…(poesía,1979)
- Ondula Svana Branca (poesía,1982)
- O Camarada e a Câmara (ensaio, 1984)
- Lavra Paralela (poesía,1987)
- Hábito da Terra (poesía,1988)
- Ordem de Esquecimento (poesía,1997)
- A Câmara, a Escrita e a Coisa Dita, (ensaio, 1997)
- Aviso à Navegação (ensaio,1997)
- Observação Directa (poesía, 2000)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Escritor e cineasta angolano Ruy Duarte de Carvalho é encontrado morto. Folha de São Paulo, 12-08-2010. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ Fischgold, Christian. "Ruy Alberto Duarte Gomes de Carvalho". Vidas Lusófonas. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ Morreu o escritor Ruy Duarte de Carvalho. Expresso, 12 de agosto de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]