Swakopmund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 22°40′00″S 14°32′00″L / -22.66667, -14.53333

Swakopmund
Swakopmund
Swakopmund coatofarms-new.gif
Namibia-Swakopmund-2009.JPG
Vista aérea da cidade
Localización
PaísFlag of Namibia.svg Namibia
RexiónKhomas
Xeografía
Altitudemedia 5,7 msnm
Superficie196,3 km²
Demografía
Poboación44 725 hab.[1]
Densidade227,8 hab./km²[1]
Outros datos
Fundación4 de agosto de 1892
AlcaldePaulina Ndahafa Nashilundo
Sito web oficial do Concello

Swakopmund (do alemán, de "desembocadura do río Swakop") é uha cidade costeira e municipio de Namibia,[2] situada a 352 km ao oeste da capital do país, Windhoek, coa que se comunica pola estrada B2 e co ferrocarril Trans-Namib, de Windhoek a Walvis Bay. Ademais conta co aeroporto de Swakopmund.

É a capital da rexión de Khomas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Os herero chamaban ao lugar Otjozondjii. O nome da cidade deriva da palabra nama Tsoakhaub ("apertura de excrementos") que describe as inundacións do río Swakop, que depositaba na desembocadura no océano Atlánticoos elementos que levaba no seu caudal, incluídos animais mortos. Porén, o profesor Peter Raper, profesor honorario de lingüística na Universidade do Estado Libre sinalou que o nome de Swakopmund está baseado na lingua san, concretamente en "xwaka" (rinoceronte) e "ob" (río).[3]

Os colonos alemáns mudárono por "Swachaub" e, cando en 1896 se proclamou oficialmente o distrito, introduciuse a versión Swakopmund (en alemán, "Boca do Swakop").[4]

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade está situada á beira do océano Atlántico, no deserto do Namib. e é o cuarto centro de poboación máis grande de Namibia.

O concello esténdese sobre 196 km² e, en 2010, contaba con 44 725 habitantes,[1][5][6] polo que nese ano a súa densidade de poboación era de 227,8 hab./km².[1]

Clima[editar | editar a fonte]

Chuvias tardías en Swakopmund. Semana Santa de 2018.

Rodeada polo deserto do Namib por tres lados e polas frías augas atlánticas polo oeste, Swakopmund ten un clima desértico (BWk, segundo a clasificación de Köppen) pero con condicións suaves durante todo o ano. A temperatura media anual oscila entre os 15 °C e os 25 °C. As precipitacións son inferiores a os 20 mm ao ano. A corrente fría de Benguela subministra humidade para a zona en forma de néboas que poden chegar até os 140 km no interior do deserto. As néboas orixinadas no mar pola colisión do corrente fría de Benguela Corrente co aire cálido da célula de Hadley crean un cinto de néboa que frecuentemente envolve partes do deserto do Namib. As rexións costeiras poden experimentar máis de 180 días de néboa mesta ao ano.[7][8][9]

Aínda que esta circunstancia demostrou ser un gran perigo para os barcos (máis de mil naufraxios rexistráronse na costa dos Esqueletos), é unha fonte vital de humidade para a vida no deserto. A fauna e a flora da zona adaptáronse a este fenómeno e agora confían na néboa como fonte de humidade.

Historia[editar | editar a fonte]

A Deutsche Evangelisch-Lutherische Church no centro de Swakopmund
Igrexa e edificio da misión Rheinische Missionsgesellschaft en 1938
Vista aérea do Molle de Swakopmund (2017)
Vista aérea do Embarcadoiro de Swakopmund (2017)
Faro de Swakopmund
Centro comercial Platz am Meer (Swakopmund), vista aérea de 2017

O capitán Curt von François fundou Swakopmund o 8 de agosto de 1892, como o porto principal da colonia imperial alemá (o porto de augas profundas de Walvis Bay pertencía aos británicos), cando a tripulación da canoneira Hyäne erixiu dúas balizas na beiraa. Elixiuse Swakopmund pola súa dispoñibilidade de auga doce e porque outros sitios máis ao norte, como o cabo Cross, consideráronse inadecuados. Porén, o lugar non ofrecía ningunha protección natural aos barcos que se encontraban fronte á costa, unha característica xeográfica que a miúdo non se encontra ao longo da costa de Namibia.[4]

Cando os primeiros 120 soldados Schutztruppe ("forza de protección") e 40 colonos foron desembarcados en Swakopmund, tiveron que escavar covas na area para refuxiarse. A descarga de materiais foi realizada por membros da tribo dos kru de Liberia, que usaron botes especiais. Os buques da Woermann-Linie, o operador da ruta de envío a Alemaña, emppregou 600 kru nese momento.[4]

Swakopmund converteuse rapidamente no principal porto de importacións e exportacións para todo o territorio, e foi unha das seis cidades que recibiu o status municipal en 1909. Moitas oficinas gobernamentais da África do Suroeste alemá tiñan oficinas en Swakopmund. Durante as Guerras Herero, instalouse na cidade un campo de concentración para os herero. Os reclusos foron obrigados a realizar traballos como escravos; morreron alí aproximadamente 2 000 hereros.[Cómpre referencia]

Decontado o porto creado polo molle (dique) fíxose insuficiente, e en 1905 comezouse a traballar nun embarcadoiro de madeira, pero ao longo isto foi inadecuado. En 1914 iniciouse a construción dun molle de aceiro, cuxos restos aínda se poden ver hoxe en día. Despois da Primeira Guerra Mundial converteuse nunha pasarela peonil.
Esta foi declarada estruturalmente defectuosa e estivo pechada ao público durante sete anos, e en 2006 completáronse as renovacións da parte apoiada por piares de formigón, cun restaurante de mariscos e unha barra de sushi que se incorporarán pronto á parte final da zona de aceiro do embarcadoiro. Tamén se engadiu unha nova pasarela de madeira á estrutura de aceiro existente, e a parte de aceiro do embarcadoiro volveuse a abrir ao público a finais de 2010.[Cómpre referencia]

Moitas empresas comerciais e navieiras estableceron sucursais en Swakopmund durante a época colonial. Varios dos edificios destas empresas aínda existen hoxe. Porén, despois de que a Unión Surafricana se fixera cargo da África Suroccidental alemá en 1915, todas as actividades portuarias foron transferidas de Swakopmund a Walvis Bay. Motos servizos do goberno central cesaron. As empresas pecharon, o número de habitantes diminuíu e a cidade volveuse menos próspera.
Porén, recoñeceuse o potencial natural de Swakopmund como centro turístico, potencial que se desenvolveu posteriormente. Hoxe en día, os servizos relacionados co turismo forman unha parte importante da economía da cidade.[Cómpre referencia]

Despois da independencia de Namibia de Suráfrica, en 1990, moitos nomes de rúas foron cambiados polo seu nome orixinal alemán ou, nalgúns casos, por nomes africanos, para honrar aos namibios, principalmente os de raza negra. Por exemplo, en 2001, o presidente de Namibia, Sam Nujoma, renomeou a rúa principal, Kaiser-Wilhelm-Straße, como Avenida Sam Nujoma en honra a si mesmo.[10]

Na cidade faleceu, o 12 de agosto de 2010, o escritor, cineasta e antropólogo angolano de orixe portuguesa Ruy Duarte de Carvalho.[11][12]

Política[editar | editar a fonte]

Swakopmund está rexido por un Consello Municipal que ten dez escanos.[13]

O partido SWAPO, gobernante en Namibia, gañou nas eleccións locais e rexionais de 2010 con 4 496 votos, seguido da local Asociación de residentes de Swakopmund (SRA, 1 005 votos), a Fronte Democrática Unida (UDF, 916 votos), a Unión pola Democracia e o Progreso (PDR, 666 votos) e a Organización Democrática de Unidade Nacional (NUDO, 280 votos).[14] Nas eleccións locais e rexionais de 2015 volveu gañar a SWAPO, que obtivo seis escanos (5 534 votos). A UDF obtivo un escano (1 168 votos), o SRA (790 votos), a Alianza Democrática Turnhalle (DTA, 497 votos), e a NUDO (296 votos)[15]

Economía e infraestruturas[editar | editar a fonte]

Minaría[editar | editar a fonte]

O descubrimento de uranio en Rössing, a 70 km da cidade, levou ao desenvolvemento da maior mina de uranio a ceo aberto do mundo. Isto tivo un enorme impacto en todas as facetas da vida en Swakopmund, o que necesitou a expansión das infraestruturas da cidade para convertela nunha das máis modernas de Namibia.

Turismo[editar | editar a fonte]

A cidade ten cafés, discotecas, bares e hoteis. Hai paseos en globo, paracaidismo, ciclismo en quad e pequenos cruceiros mariños. O club de paracaidismo de Swakopmund opera no aeroporto de Swakopmund desde a súa fundación en 1972.

En agosto de 2008 comezou a rodaxe en Swakopmund dunha serie de televisión da AMC The Prisoner, protagonizada por Jim Caviezel e Sir Ian McKellen. Swakopmund foi usado como lugar de filmación para "The Village".[16]

Tecnoloxía[editar | editar a fonte]

En outubro de 2000 asinouse un acordo entre os gobernos de Namibia e a República Popular Chinesa para construír unha estación de seguimento de satélites en Swakopmund. A construción rematouse en xullo de 2001 nun lugar ao norte de Swakopmund ao leste da estrada Henties Bay-Swakopmund e fronte á Swakopmund Salt Works. O sitio foi elixido porque estaba na liña orbital dunha nave espacial tripulada durante a súa fase de reingreso. Custou 12 millóns de N$. O complexo cobre unha área de 150 m por 85 m, e está equipado con dúas antena parabólicas, unha de 5 m e a outra de 9 m.

Saúde pública[editar | editar a fonte]

O principal centro sanitario da cidade é o Cottage Medi-Clinic, un hospital con 70 camas.[17]

Educación[editar | editar a fonte]

A escola alemá Regierungsschule Swakopmund estivoa anteriormente situada na cidade.[18]

Hai 3 escolas secubdarias, Secondary School Swakopmund, Namib High School e Coastal High School. As West Side High School, West Side High School e Atlantic High School inclúen ambos os graos de primaria e secundaria. Entre as escolas primarias están Hanganeni Primary, Tamariskia Primary, Festus ǃGonteb, Swakopmund Primary, Namib Primary e Vrede Rede Schools.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Na cidade de Swakopmund localizouse a rodaxe de Mad Max: Fury Road.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Table 4.2.2 Urban population by Census years (2001 and 2011)" (PDF). Namibia 2011 - Population and Housing Census Main Report (en inglés). Namibia Statistics Agency. p. 39. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de outubro de 2013. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  2. "Local Authorities". Association of Local Authorities in Namibia (ALAN). Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2013. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  3. Raper, P. E. (2014): Dictionary of Southern African Place Names Johannesburg, Suráfrica: Jonathan Ball Publishers. ISBN 978-1-8684-2549-5.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Swakopmund". namibweb.com. Consultado o 80 de agosto de 2019. 
  5. "ELECTIONS 2010: Erongo regional profile". New Era (Namibia). 16 de novembro de 2010. 
  6. "Table 2.1 Population density by area" (PDF). 2011 Population and Housing Census - Erongo Regional Profile. Namibia Statistics Agency. p. 4. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  7. World Climate Guide
  8. Goudie, Andrew (2010). "Chapter 17: Namib Sand Sea: Large Dunes in an Ancient Desert". En Migoń, Piotr. Geomorphological Landscapes of the World. New York, NY: Springer. pp. 163–169. ISBN 978-90-481-3054-2. 
  9. Spriggs, Amy. "Namib desert (AT1315)". Wild World. World Wildlife Fund. Consultado o 11 December 2011. 
  10. Barnard, Maggi (12 de decembro de 2002). "Namibia: Minister Urges Swakopmund Residents to Accept Change" – vía AllAfrica. 
  11. Escritor e cineasta angolano Ruy Duarte de Carvalho é encontrado morto. Folha de São Paulo, 12-08-2010. Consultado o 11 de agosto de 2019.
  12. Fischgold, Christian. "Ruy Alberto Duarte Gomes de Carvalho". Vidas Lusófonas. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  13. "Know Your Local Authority". Election Watch (3) (Institute for Public Policy Research). 2015. p. 4. 
  14. "Press Release Local Authority – Erongo – Swakopmund" (PDF). Electoral Commission of Namibia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xaneiro de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  15. "Local elections results" (PDF). Electoral Commission of Namibia. 28 de novembro de 2015. pp. 1–2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de decembro de 2015. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  16. "The Prisoner". AMC. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  17. "Our Hospitals". cottagemc.co.za. Consultado o 11 de agosto de 2919. 
  18. "Deutscher Bundestag 4. Wahlperiode Drucksache IV/3672" (Arquivo). Bundestag (Alemaña Occidental), 23 de xuño de 1965, pp. 32-51. Consultado o 11 de agosto de 2019.
  19. Williams, Sue (14 de maio 2015). "How Australia got magnificently replaced in Mad Max". Consultado o 11 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]