Saltar ao contido

Rudolf Kárpáti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRudolf Kárpáti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1920 Editar o valor en Wikidata
Budapest Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 1999 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Budapest Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Farkasréti (pt) Traducir, 60/2-főút-6 Editar o valor en Wikidata
Altura179 cm Editar o valor en Wikidata
Peso64 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista, músico militar Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
1960fencing at the 1960 Summer Olympics – men's team sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1960Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1960  (medalla de ouro olímpica)
1956Fencing at the 1956 Summer Olympics – men's team sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1956Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1956  (medalla de ouro olímpica)
19 de xullo de 1952Xogos Olímpicos de 1952
29 de xullo de 1948Xogos Olímpicos de 1948 Editar o valor en Wikidata
Premios

Olympics.com: rudolf-karpati Find a Grave: 64311249 Editar o valor en Wikidata

Rudolf Kárpáti (en húngaro: Kárpáti Rudolf), nado en Budapest o 17 de xullo de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1999, foi un músico militar e tirador de esgrima húngaro, gañador de seis medallas olímpicas de ouro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Militar profesional, estudou violín no conservatorio e musicoloxía na universidade, foi membro das seccións de esgrima do Vasas SC e do Budapest Honvéd compatibizándoo co posto de instrutor musical na Academia Militar Central. Participou, aos 28 anos, nos Xogos Olímpicos de 1948 celebrados en Londres, gañando a medalla de ouro na proba de equipos de sabre, competición que gañou de novo nos Xogos Olímpicos de 1952 de Helsinqui nos Xogos Olímpicos de 1956 de Melbourne e nos Xogos Olímpicos de 1960 de Roma. Tamén gañou a competición de sabre individual nas edicións de 1956 e 1960.

Ao longo da súa carreira gañou sete títulos nacionais e doce medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas sete de ouro. Tras retirarse traballou como directivo da Federación de Esgrima Húngara (1961-1991), foi xuíz internacional e membro do comité de xuíces da Federación Internacional de Esgrima, publicou a súa autobiografía en 1965 e foi presidente da Asociación de Esgrima de Budapest (1977). Director artístico da Academia Militar desde 1961, actuou como conselleiro de defensa (1990-1994) e retirouse co grao de xeneral de dúas estrelas do exército de terra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]