"It Must Have Been Love" é un single do dúo de popsuecoRoxette. "It Must Have Been Love" é unha balada escrita por Per Gessle que se converteu no terceiro número un nos Estados Unidos do grupo, e un dos seus singles máis vendidos, sendo certificado como disco de ouro en numerosos países.
A canción, incluída na banda sonora do popular filme Pretty Woman, rivaliza con "The Look" e "Joyride" como a canción coa que se identifica o grupo. En 2005, Per Gessle recibiu un premio do BMI despois de que a canción fose radiada catro millóns de veces.