Saltar ao contido

Bissezeele

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bissezeele
 Nome oficial
    Bissezeele (fr)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: Mayor of Bissezeele (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
236 (2013)
240 (2015)
245 (2016)
247 (2017) censo
249 (2018) censo
253 (2019) censo
250 (2020) censo
246 (2021) censo
242 (2022) censo
239 (2023) censo Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   120 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   127 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   3,57 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
Códigos e identificadores
Código postal59380 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap135875 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03mh46r Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Teléfono
+33-3-28-68-92-76 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Wikidata C:Commons

Bissezeele (en neerlandés Bissezele) é un concello francés do departamento do Norte que forma parte do Flandres francés e está situado no límite das rexións naturais de Houtland e Blootland. Limita cos concellos de Socx, Esquelbecq, Zegerscappel e Crochte. O municipio ten 3,57 km e 247 habitantes[1].

Debido á súa altura relativa, que oscilaba entre os 22 e os 30 metros, Bissezeele converteuse nun bo lugar para fuxir durante as inundacións. Isto fixo importante a zona durante a época celta. Aínda que a propia vila de Bissezele só aparece en fontes históricas en 1067, debeu existir dende ben antes. Nesa primeira mención aparecía como Bissengesela, que etimoloxicamente quere dicir "casa do pobo de Bisso", noutra referencia de 1085 figuraba como Betsingesela e xa en 1218 Bissinsela[2]. Entre os monumentos de Bissezele salienta a igrexa neorománica de Santo Hadrián, construída despois da destrución da igrexa románica en 1857.

  1. INSEE
  2. Ernest Nègre Toponymie générale de la France Volume 2, p. 1007 (ISBN 2600001336)