Rosalía Mera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosalía Mera Goyenechea
Nacemento28 de xaneiro de 1944
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento15 de agosto de 2013
Lugar de falecementoA Coruña
Causahemorraxia cerebral
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedora, empresaria e filántropa
CónxuxeAmancio Ortega (1966–1986; divorciada)[1]
FillosSandra Ortega Mera e Marcos Ortega Mera
PremiosMedalla Castelao
Na rede
http://www.paideia.es/
BUSC: mera-goyenechea-rosalia
editar datos en Wikidata ]

Rosalía Mera Goyenechea, nada na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e finada na mesma cidade o 15 de agosto de 2013, foi unha empresaria galega. Foi co fundadora de Inditex xunto con Amancio Ortega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundación Paideia na praza de María Pita, A Coruña.
IES Rosalía Mera, na Coruña

Tivo que deixar a escola con 11 anos para traballar nunha pequena empresa téxtil La Maja de costureira onde coñeceu a Amancio Ortega co que casaría e tería dous fillos, Sandra e Marcos[2]. Fundaron GOA, esta empresa coruñesa foi medrando ata converterse en Zara e finalmente en Inditex. Logo do seu divorcio en 1986, Rosalía Mera conservou o 7% das participacións no grupo. En 1986 comezou os estudos de Maxisterio onde se Diplomou. En 2004 abandonou o consello de administración de Inditex, mantendo a súa participación logo da cotización en bolsa.

Despois da separación comezou unha carreira de investimentos en diferentes proxectos e corporacións de ámbitos tan diversos como a construción, inmobiliarias, unha compañía de recoñecemento de neonatos polas pegadas dactilares, o audiovisual ou a biotecnoloxía. Neste último campo foi membro do consello de administración de Pharma Mar, do grupo galego Zeltia. No audiovisual posuíu parte do capital de Continental Producciones, Milou Films ou Tornasol Films, e desenvolveu un centro de iniciativas empresariais denominado Mans, e centrado no sector audiovisual. Ademais, en 2007 entrou no sector da enerxía solar creando quince firmas de explotación de parques fotovoltaicos[3]

A súa xestión económica realizábaa a través de sociedades de investimento como Rosp Corunna, Breixo Inversiones, Soandres de Activos ou Ferrado Inmuebles[4]. A revista estadounidense Forbes situouna como a 76ª muller máis influente do mundo en 2007[5], así como a 264ª persoa máis rica do mundo, cun capital estimado de 2.490 millóns de euros[6] Segundo esa mesma fonte, en 2007 sería a terceira persoa máis rica de Galicia, despois de Amancio Ortega e de Manuel Jove. A revista calculoulle en 2008 unha riqueza persoal de 1.964 millóns de euros (368ª do mundo)[7].

Ademais, foi a fundadora (1986) e presidenta da Fundación Paideia Galiza, unha ONG que traballa a prol da incorporación das persoas discapacitadas ao mercado laboral.

O 14 de agosto de 2013, estando de vacacións en Menorca, sufriu un accidente cerebrovascular. Faleceu o día seguinte no Hopital San Rafael da Coruña a onde fora trasladada en avión dende Menorca[8]. Foi enterrada no cemiterio da igrexa de Santaia de Liáns, en Oleiros (A Coruña).[9]

Trala morte, a participación do 7% en Inditex foi herdada pola súa filla Sandra Ortega.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rosalía Mera, as primeiras puntadas dun mito". La Voz de Galicia. 19 de agosto de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  2. Gómez, José Luis. Mundidiario, ed. "“Es tremendo que el dinero haga a la gente importante”, suele decir Rosalía Mera". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2013. Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  3. Rodríguez, Julián (21 de xaneiro de 2008). "Rosalía Mera desembarca en la energía solar con 15 empresas". El País. Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  4. "Dos españolas entre las cien mujeres más poderosas del mundo". El País. 31 de agosto de 2007. Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  5. The 100 Most Powerful Women, Forbes. Comentado en galego en Galicia Hoxe Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine..
  6. The World's Billionaires (Forbes).
  7. Lista Forbes.
  8. "Morre Rosalía Mera, cofundadora de Inditex". La Voz de Galicia. 16 de agosto de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  9. Rosalía Mera será enterrada este sábado en A Coruña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]