Roger Vadim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoger Vadim

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Вадим Игоревич Племянников Editar o valor em Wikidata
26 de xaneiro de 1928 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte11 de febreiro de 2000 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
París (Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Linfoma Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemetery of Saint-Tropez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de teatro , actor de cinema , produtor de cinema , xornalista , director de cinema , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorParis Match (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaQ4364830 Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMarie-Christine Barrault (1990–2000)
Catherine Marie Helene Schneider (1975–)
Jane Fonda (1965–1973)
Annette Stroyberg (1958–1960)
Brigitte Bardot (1952–1957)
ParellaAnn Biderman (1980–1985)
Catherine Deneuve (1961–1964) Editar o valor em Wikidata
FillosChristian Vadim (pt) Traducir
 () Catherine Deneuve
Nathalie Vadim (pt) Traducir
 () Annette Stroyberg (pt) Traducir
Vanessa Vadim (pt) Traducir
 () Jane Fonda
Vania Plemiannikov (en) Traducir
 () Catherine Marie Helene Schneider (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiIgor Plemiannikov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHélène Plemiannikov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0671862 Allocine: 680 Allmovie: p114955 TCM: 196161 TV.com: people/roger-vadim
Musicbrainz: 4b5c3cad-df52-4449-9a03-b6d67b7cdc68 Discogs: 2871336 WikiTree: Ardilouze-1 Find a Grave: 8504 Editar o valor em Wikidata

Roger Vladimir Plemiannikov,[1] nado en París o 26 de xaneiro de 1928 e finado na mesma cidade o 11 de febreiro de 2000 foi un director e produtor de cinema francés, coñecido como Roger Vadim.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en París, fillo de Igor Nikolaevich Plemiannikov, ruso branco oficial militar e pianista que emigrara desde Ucraína e se nacionalizara francés, sendo vicecónsul de Francia en Alexandría (Exipto). A súa nai, Marie-Antoinette Ardilouze era unha actriz francesa.[2][3] Aínda que Vadim viviu con luxos nos seus primeiros anos, a morte de seu pai provocou que a familia volvese a Francia, onde a súa nai atopou traballo nun albergue dos Alpes que funcionaba como estación de camiño para xudeus e outros fuxitivo que fuxían do nazismo.[3]

Vadim estudou xornalismo e escritura na Universidade de París, sen chegar a graduarse.[3] Aos dezanove anos converteuse en axudante do director Marc Allégret, a quen coñecera mentres traballaba no teatro Theatre Sarah Bernhardt, e para o que traballara en varios guións. Ademais de traballar no teatro e no cinema, Vadim escribiu varios libros, incluíndo a autobiografía D'une étoile à l'autre.

Vadim casou cinco veces, con Brigitte Bardot, Annette Stroyberg (nai de Nathalie), Jane Fonda (nai de Vanessa), Catherine Schneider (nai de Vania) e Marie-Christine Barrault. Fóra dos seus matrimonios tivo relacións coa actriz Catherine Deneuve (coa que tivo un fillo, Christian Vadim),[4] a guionista Ann Biderman,[5] e a actriz Cindy Pickett.[6] A filla máis vella de Vadim, Nathalie, díxolle á biógrafa Patricia Bosworth: "Jane foi o amor da súa vida para o meu pai".[7]

Vadim finou de cancro aos setenta e dous anos, sendo sobrevivido pola súa viúva e os seus catro fillos. As súas ex-mulleres, Bardot, Fonda, Schneider e Stroyberg asistiron ao seu funeral.[8]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En ocasións escrito "Plemianikoff".
  2. "Roger Vadim profile at Filmreference.com". Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 TCM (ed.). "Biography for Roger Vadim". Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  4. Beaver County Times, ed. (11 de xullo de 1975). "Roger Vadim is no braggart about his love life". Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  5. Grogan, David (2 de abril de 1984). People.com, ed. "Now a Novelist and Soon a Groom (Once Again), Roger Vadim Starts His Search for the New Brigitte Bardot". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  6. Wilson, Earl (25 de marzo de 1981). The Miami News, ed. "Cindy Pickett's over Vadim, but says he's not over Fonda". [Ligazón morta]
  7. Bosworth, Patricia (2011). Houghton Mifflin Harcourt, ed. Jane Fonda: The Private Life of a Public Woman. p. 237. ISBN 0-547-50447-0. 
  8. Fonda, Jane (2005). Random House, ed. My Life So Far. p. 141. ISBN 978-0812975765. Os nosos brazos estaban unidos mentres seguíamos solemnemente o seu cadaleito polas estreitas e ocres rúas do vello Sain Tropez… Brigitte Bardot, Annette Stroyberg, Catherine Schneider, Marie-Christine Barrault, e mais eu. Das esposas e compañeiras de Vadim, só faltaron Catherine Deneuve e Anne Biderman. 
  9. IMDb.com (ed.). "Sait-on jamais... (1957) - Full cast and crew". Internet Movie Database. Consultado o 15 de marzo de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]