Saltar ao contido

Rogelio Tapia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRogelio Tapia
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor en Wikidata
Lavadores, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xaneiro de 1986 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Celta de Vigo
Real Club Fortuna de Vigo
Unión Sporting Club

Rogelio Tapia, nado en Lavadores (Vigo) o 10 de xullo de 1903 e finado o 10 de xaneiro de 1986, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xogou no Real Club Fortuna de Vigo ata que a fusión deste co Real Vigo Sporting Club deu lugar ao Real Club Celta de Vigo pasando á disciplina do mesmo. Xogou no equipo celeste durante sete tempadas anotando 119 goles en 113 partidos oficiais, o que lle vale para figurar como cuarto máximo goleador en partidos oficiais da historia do club, cunha media de 1,05 goles por partido, só por detrás de Iago Aspas, Ramón Polo e Nolete.

Curiosamente, na acta do seu debut o nome de Rogelio aparece na aliñación xunto a Pasarín na defensa, no seguinte partido figura no mediocampo xunto a Bienvenido e a Balbino, e a partir dese momento xa só se lle asociará coa posición de ariete.

Rogelio tamén ostenta o récord de xogador do Celta con máis goles nun só encontro, conseguindo 8 goles o 17 de xaneiro de 1926 na vitoria por 15-0 do Celta ante o Unión Sporting.

Como dianteiro goleador que era vestiu en varias ocasións o equipamento da Selección galega de fútbol antes da guerra civil. Concretamente disputou un encontro amigábel contra a selección do centro de España o 28 de xullo de 1929, a aliñación do equipo estaba formada por: Isidro, Manolín, Pasarín; Pepe Hermida, Rivera, Basterrechea; Reigosa, Hilario, Polo e Pérez. Ese partido terminaría con empate a 0.

O seu mellor ano no Celta foi a tempada 1926-27, na que anotou 36 goles en 23 encontros.

Rogelio deixa o Celta en 1932, pero aínda xogaría unha tempada no Unión Sporting Club de Lavadores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]