Paul Biya
Paul Biya | |
---|---|
![]() | |
Presidente do Camerún | |
Período | 6 de novembro de 1982 - actualidade |
Antecesor | Ahmadou Ahidjo |
Datos persoais | |
Nacemento | 13 de febreiro de 1933 |
Mvomeka'a | |
Organización | People's Democratic Movement |
Cónxuxe | Jeanne-Irène Biya (ata o 1992) Chantal Vigouroux (1994 - ) |
Fillos | Emmanuel Franck Biya e Brenda Biya |
Alma máter | Escola Nacional de Administração, Instituto de Estudos Políticos de París e Universidade de París |
Profesión | político |
Relixión | catolicismo |
Na rede | |
https://www.prc.cm | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Paul Biya, nado o 13 de febreiro de 1933, é un político camerunés, actual presidente do Camerún dende 6 de novembro de 1982[1][2].
Graduouse en Relacións Internacionais no Sciences Po (Instituto de Ciencias Políticas de París) en 1961. Cando regresou ao país en 1962 entrou ao servizo do Presidente Ahmadou Ahidjo, chegando a ser Ministro Secretario Xeral da Presidencia en 1968 e primeiro ministro en 1975. En 1982 o presidente Ahidjo renunciou debido a problemas de saúde e Biya foi escollido como o seu sucesor.
En 1984 enfrontouse a un golpe de estado liderado por Ahidjo, polo que debeu realizar unha purga entre os seus colaboradores, destituíndo aos máis próximos ao ex presidente. En 1992 e debido ás presións internas e externas aceptou a realización de eleccións pluripartidarias, aínda que foi acusado de enormes fraudes tras a súa vitoria. Foi reelexido en 1997, 2004 e 2011, cada vez con maiores e máis graves denuncias de corrupción, fraude e delitos de lesa humanidade.
Presidente do Camerún | ||
---|---|---|
Segue a: Ahmadou Ahidjo |
Paul Biya (6 de novembro de 1982-)
|
Precede a: - |
Movemento Democrático Popular do Camerún |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Profile of Biya at Cameroonian presidency web site en francés
- ↑ Biografía en el sitio de la elección presidencial de 2004 Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en inglés
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Paul Biya |