Presidente de Cimbabue
Presidente da República de Cimbabue | |
---|---|
Estandarte presidencial de Cimbabue | |
Designado por | Sufraxio universal |
Duración | 5 anos, renovable unha vez |
Creación | 18 de abril de 1980 |
Primeiro titular | Canaan Banana |
Precedido por | Robert Mugabe |
Salario | US$ 200.000 (2014)[1] |
Sitio web | theopc.gov.zw |
O Presidente de Cimbabue é o xefe de Estado de Cimbabue. É elixido por sufraxio universal directo nun sistema de dúas roldas.
O Presidente é tamén xefe de goberno, xa que o cargo de primeiro ministro foi abolido en 1987. Foi despois restaurado por mor das negociacións políticas de 2008–09, pero foi abolido de novo tras o referendo constitucional de 2013.
Baixo as regras adoptadas polo mesmo referendo, o presidente exerce un máximo de dous mandatos de cinco anos. Isto non tivo un efecto retroactivo nos mandatos pasados ou actualmente exercidos dende 2013.[2]
Historia do cargo
[editar | editar a fonte]O cargo de presidente de Zimbabwe foi establecido en 1980, cando o país obtivo a independencia do Reino Unido. Polo Acordo da Casa de Lancaster, Zimbabwe foi orixinalmente unha república parlamentaria, co presidente cumprindo maiormente unha función cerimonial, co poder real en mans do primeiro ministro, Robert Mugabe.
Canaan Banana, ministro metodista, converteuse no primeiro presidente, ocupando o posto até 1987 cun papel practicamente cerimonial. Dimitiu en 1987 pouco despois de que a Constitución fora emendada para facer da presidencia un cargo executivo. Mugabe foi nomeado para sucedelo, e foi elixido por dereito propio en 1990 e catro veces máis despois.
Golpe de Estado de 2017
[editar | editar a fonte]O 14 de novembro de 2017, persoal militar armado das Forzas de Defensa de Cimbabue invadiu os estudios da Zimbabwe Broadcasting Corporation en Harare e o xeneral Sibusiso Moyo saíu nunha emisión televisiva en directo declarando que o exército activara unha operación que máis tarde sería coñecida como "Operación Restauración do Legado". Moyo expuxo que o presidente Mugabe e a súa familia estarían a salvo e a súa seguranza sería garantida, xa que a operación só tiña como obxectivo a algúns criminais ao redor del. O que seguiu foi unha campaña ben planeada e coidadosamente executada para apartar do poder aos membros dunha facción dentro do gobernante partido ZANU-PF coñecida como G40.
A Policía da República de Cimbabue e a Organización Central de Intelixencia, ambas as dúas consideradas leais ao presidente, foron neutralizadas polo exército, que arrestou algúns dos seus dirixentes superiores.
O 21 de novembro de 2017, afrontando unha máis que probable destitución nunha sesión combinada na Cámara de Representantes e no Senado, Mugabe dimitiu como presidente. O anteriormente vicepresidente Emmerson Mnangagwa tomou posesión como o seu substituto o 24 de novembro de 2017.
Presidentes de Cimbabue (1980–presente)
[editar | editar a fonte]№ | Presidente | Inicio | Fin | Tempo no cargo | Partido | Eleccións | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Canaan Banana
(1936–2003) |
18 de abril de 1980 | 31 de decembro de 1987 | 7 anos, 257 días | ZANU | 1980
1986 | |
2 | Robert Mugabe
(1924-2019) |
31 de decembro de 1987 | 21 de novembro de 2017 | 29 anos, 325 días | ZANU-PF | 1990
1996 2002 2008 2013 | |
3 | Emmerson Mnangagwa
(1942-) |
24 de novembro de 2017 | Presente | 6 anos e 363 días | ZANU-PF | 2018 |
Phelekezela Mphoko era o segundo e único vicepresidente (os demais acababan de ser despedidos) no momento da dimisión de Mugabe o 21 de novembro de 2017. Mphoko puido ter sido o presidente en funcións de Cimbabue durante tres días até a toma de posesión de Mnangagwa. Con todo, Mphoko non estaba no país nese momento, e debido ás circunstancias infrecuentes, as declaracións oficiais son confusas.[3][4][5][6]
Clasificación por tempo no cargo
[editar | editar a fonte]Posto | Presidente | Tempo no cargo |
---|---|---|
1 | Robert Mugabe | 7 anos, 257 días |
2 | Canaan Banana | 29 years, 325 days |
3 | Emmerson Mnangagwa | 6 anos e 363 días |
Expresidentes con vida
[editar | editar a fonte]Excluíndo a Mphoko (vicepresidente) e Joice Mujuru (vicepresidente).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "President reveals monthly salary" (en inglés). 22 de abril de 2014. Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ "Even Zimbabwe's constitution waits for Mugabe to pass the baton, or pass away" (en inglés). 26 de marzo de 2013. Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ "Mphoko is the Acting President for now..". Bulawayo24 News. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-11.
- ↑ Herald, The. "Experts clear the air on succession". The Herald (en inglés). Consultado o 2019-06-11.
- ↑ "Zimbabwe has 'phantom-like' acting president". News24 (en inglés). 2017-11-23. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 2019-06-11.
- ↑ Reporter, Staff (2017-11-22). "Where is Mphoko, legally the acting President?". The Zimbabwe Mail (en inglés). Consultado o 2019-06-11.