Robert Caspary

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Caspary

Johann Xaver Robert Caspary (29 de xaneiro de 1818 – 18 de setembro de 1887) foi un botánico alemán.

Caspary naceu en Königsberg. Estudou teoloxía e filosofía na Universidade de Königsberg e educouse en ciencias na Universidade de Bonn. Entre as súas influencias en Bonn estiveron o zoólogo Georg August Goldfuss, o astrónomo Friedrich Wilhelm August Argelander e o botánico Ludolph Christian Treviranus. Despois, pasou un tempo considerable en Inglaterra estudando as algas mariñas e de auga doce. Desde 1851 foi profesor na Universidade de Berlin, onde traballou xunto con Alexander Braun. En 1859 tornou a Königsberg como profesor de botánica e director do xardín botánico.[1]

Especializouse no estudo das plantas acuáticas, incluíndo unha ampla investigación sistemática de toda a familia das Nymphaeaceae.[2][3] e das Lauraceae. Fixo importantes contribucións no eido da morfoloxía e anatomía vexetais, e estivo especialmente interesado no estudo do crecemento das árbores e a estrutura do tecido vascular das plantas. O seu nome está asociado coa chamada na súa honra "banda de Caspary", que el describiu, definida como un engrosamento secundario de moitas células da endoderme que forma unha banda continua nas paredes celulares radiais e transversais.[4] Un xénero, Casparya, da familia Begoniaceae, leva o seu nome.[5]

Obras seleccionadas[editar | editar a fonte]

  • De nectariis ..., 1848.
  • Alexander Braun's Leben, 1877 - Biografía de Alexander Braun.
  • Die Flora des Bernsteins und anderer fossiler Harze des ostpreussischen Tertiärs/ 1, 1. Thallophyta. 2. Bryophyta. 3. Pteridophyta. 4. Gymnospermae. (Parte da serie, Preußische Geologische Landesanstalt; Abhandlungen der Preußischen Geologischen Landesanstalt) - Flora atopada en ámbar e outras resinas fosilizadas do "Terciario do Leste de Prusia" 1. Thallophyta. 2. Bryophyta. 3. Pteridophyta. 4. Gymnospermae.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Neue Deutsche Biographie (NDB)
  2. TAXON 57 (3) • August 2008: 967–974 Arquivado 13 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. Taxonomy and typification of Nymphaea ampla (Salisb.) DC. sensu lato (Nymphaeaceae)
  3. Google Books Nymphaeaceae
  4. Merriam Webster Online Casparian strip
  5. Lotte Burkhardt: Verzeichnis eponymischer Pflanzennamen. Edición ampliada. Xardín Botánico e Museo Botánico de Berlín, Freie Universität Berlin Berlin 2018. [1] Arquivado 18 de abril de 2021 en Wayback Machine.
  6. WorldCat Search (publicacións)