Riquilda de Polonia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1140 Wrocław, Polonia |
Morte | 16 de xuño de 1185 (Gregoriano) (44/45 anos) |
Consorte real de León | |
Outro | |
Título | Raíña Condesa |
Familia | Dinastia Piast (pt) |
Cónxuxe | Albrecht III von Everstein (1166–1185) Raimundo Berengario II da Provenza (1161–1166) Afonso VII (1152 (Gregoriano)–1157), morte do cónxuxe |
Fillos | Fernando de Castela () Afonso VII Sancha de Castela, Rainha de Aragão () Afonso VII Dulce II, Condessa da Provença () Raimundo Berengario II da Provenza Albrecht IV. von Everstein () Albrecht III von Everstein |
Pais | Vladislav II da Polónia e Inês de Áustria |
Irmáns | Mieszko IV da Polónia Boleslau I, o Alto Konrad Laskonogi Albert of Silesia |
Descrito pola fonte | Polish Biographical Dictionary (en) |
Riquilda de Polonia, tamén coñecida como Richilda ou Riclitza de Silesia[1] nada c. 1140 e finada o 16 de xuño de 1185,[1] foi unha princesa polaca da dinastía Piast, pola rama de Silesia, e, polos seus matrimonios, raíña de Galiza, León e Castela, Condesa da Provenza e Everstein.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Riquilda era filla de Ladislau II de Silesia, e de Inés de Austria, filla do marqués Leopoldo III de Austria e media irmá do rei Conrado III do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Pasou os seus primeiros anos en Polonia, acompañando aos seus pais e irmáns ao exilio en 1146. Instaláronse primeiro en Bohemia e máis tarde en Xermania, baixo o coidado do rei Conrado III, quen deu ao seu cuñado deposto o distrito saxón de Altenburg.
Raíña de Galiza, León e Castela
[editar | editar a fonte]En 1151, o rei Afonso VII de Galiza, León e Castela quixo facer unha alianza co Reino de Xermania mediante o matrimonio, e Riquilda, sobriña do rei alemán, era a noiva idónea para iso.[3][4] O matrimonio tivo lugar entre outubro e decembro de 1152, na pubertade de Riquilda.[4] O seu primeiro fillo, Fernando, naceu en Toledo un ano despois. En 1155 Riquilda deu a luz a Sancha.[2] O rei Afonso morreu de súpeto en plena guerra contra os mouros en Serra Morena, o 21 de agosto de 1157. Ao parecer, o infante Fernando morrera un pouco antes do seu pai.
Raíña viúva e condesa consorte da Provenza
[editar | editar a fonte]O falecido rei dividiu os seus dominios entre os seus fillos desde o seu primeiro matrimonio, con Berengaria de Barcelona: Sancho III obtivo Castela e Fernando II, Galiza e León. A relación entre Riquilda e os seus fillastros non lle foi favorable, sobre todo despois de que Sancho III declarase a guerra a Raimundo Berengario IV de Barcelona, cuxo fillo, o futuro Afonso II de Aragón, estaba comprometido con Sancha, a súa filla. As incómodas relacións entre Fernando II e o emperador Federico I, primo de Riquilda, e o antipapa Víctor IV engadiron máis dificultades á raíña viúva, que finalmente decidiu mudarse ao Reino de Aragón en 1159.
Alí, Riquilda coñeceu a Raimundo Berengario II da Provenza, sobriño do conde de Barcelona. Aínda que ambos se namoraron, a súa unión sería claramente política. Raimundo Berengario II apoiou ao antipapa Víctor II contra Alexandre III, que á súa vez apoiou ao rei Lois VII de Francia. O condado da Provenza estaba estratexicamente situado entre Francia e a península italiana. Federico tamén quixo levar ao seu lado ao conde de Barcelona, aliado dos reis de Francia, e de Castela, Galiza e León. Pola contra, Raimundo Berengario II, despois primo por matrimonio do emperador Federico, gañou prestixio e puido enfrontarse ás pretensións do conde Hugo de Beaux, que recibira a Provenza imperial como feudo.
As negociacións para o matrimonio duraron aproximadamente un ano e medio, até que, en 1161, Raimundo e Richilda casaron finalmente. Tiveron só unha filla, Doce, que naceu un ano despois. Raimundo Berengario morreu en 1166, tentando conquistar Niza.
Condesa Consorte de Everstein
[editar | editar a fonte]Pouco despois da morte do seu segundo marido, comezaron os preparativos para outro matrimonio. Ao parecer, estaba prometida con Raimundo V de Tolosa polo seu curmán Federico. Ao mesmo tempo, a nova condesa Doce II da Provenza estaba prometida co futuro Raimundo VI. O conde Raimundo quería estar máis preto da dinastía Hohenstaufen e apoderarse do condado da Provenza. Porén, a firme oposición do novo conde de Barcelona (futuro xenro de Riquilda) puxo fin a ambos os compromisos e, coa axuda da República de Xénova, iniciou unha guerra contra Raimundo V que durou oito anos.
Ao redor de 1167, Riquilda casou por terceira e última vez con Alberte III de Everstein, que loitara xunto ao emperador Federico na guerra contra a casa de Welf, e trasladouse a Xermania co seu novo marido. Desta unión sábese con certeza que naceron dous fillos: Conrado II, arcebispo de Maguncia, e Alberte IV de Everstein, aínda que algunhas fontes mencionan tres fillos máis: Otto, Lois e Hermano.
Pouco se sabe da vida de Riquilda despois destes feitos, que morreu en 1185.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "ficha de individuo". fundacionmedinaceli.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2022. Consultado o 26 de setembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Cádiz Álvarez (2017), p. 146
- ↑ Domené (2017), p. 112.
- ↑ 4,0 4,1 Serrano (2011), p. 45
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cádiz Álvarez, Juan Carlos (2017). ¿Rompeolas o mascarón de proa de España? : la historia de Asturias — en pedazos Vol. II (Los siglos oscuros) (en inglés). Oviedo: Clarín Publicaciones. ISBN 978-84-16093-07-6.
- Domené, Domingo (2017). Alfonso IX: Un gran rey con siete amadas (en castelán). (epub). Madrid. ISBN 978-84-15998-53-2.
- Serrano, Luciano, O.B.S. (2011). El obispado de Burgos y Castilla primitiva, desde el siglo V al XIII. (3 tomos) (en castelán). (en castelán). Valladolid: Editorial Maxtor. ISBN 978-84-9001-088-4.
----
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |