Richard Émile Augustin de Candolle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRichard Émile Augustin de Candolle

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1868 Editar o valor em Wikidata
Walton-on-Thames (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de maio de 1920 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery of Chêne-Bougeries‎ (en) Traducir, L-59 Editar o valor em Wikidata
Cónsul
1912 –
Nomeado por: Reino Unido
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSuíza Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeanglo-suíza
EducaciónUniversidade de Leipzig
Universidade de Heidelberg
Rugby School Editar o valor em Wikidata
Coñecido portaxonomía botánica
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , biólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Xenebra
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaAug.DC. Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLouise de Saugy
Fillos3 fillas e dous fillos
PaisCasimir de Candolle Editar o valor em Wikidata  e Anna-Mathilde Marcet
IrmánsRaymond Charles
Florence Pauline Lucienne
Reyne Marguerite
Premios
Vexase o texto
Escudo da familia de Candolle

Richard Émile Augustin de Candolle, tamén coñecido como Augustin de Candolle,[1] nado o 29 de marzo 1868 en Walton-on-Thames, condado de Surrey, Inglaterra e finado o 4 de maio de 1920 en Vallon, cantón de Friburgo, Suíza, foi un botánico suízo.[2]

Ademais, entre 1910 e 1918, foi tamén cónsul do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en Xenebra.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Augustin de Candolle era neto do botánico Alphonse Louis Pierre Pyrame de Candolle, e fillo do tamén botánico Casimir de Candolle e da súa esposa Anna-Mathilde Marcet Tivo tres irmáns: Raymond Charles de Candolle (1864-1935), Florence Pauline Lucienne de Candolle (1865-1943) e Reyne Marguerite de Candolle (1876-1958).[4]

Inicialmente estudou en Xenebra, e foi enviado a Inglaterra polos vínculos familiares maternos e, en 1883, foi enviado á Rugby School, situada na cidade de Rugby, unha das institucións educativas privadas máis antigas de Inglaterra e dos internados mixtos máis grandes do Reino Unido, onde permaneceu até 1887.

Despois pasou un tempo en Frankfurt para mellorar os seus coñecementos da lingua alemá antes de regresar a Londres para estudar para dedicarse ao servizo público, coa intención de ingresar no servizo diplomático. Porén, viuse obrigado a abandonar esta ambición e, en cambio, estudou a carreira de Dereito na Universidade de Leipzig e na de Heidelberg de 1890 a 1893.

A pesar diso sempre estivo orientado cara á botánica e, ao regresar a Xenebra, prometeu continuar a senda botánica da súa familia, comezando polo bisavó Augustin Pyrame de Candolle. Non estando especialmente preparado para unha carreira en botánica recibiu clases de botánica do seu pai.

Augustin de Candolle fixo un estudo sobre a colección de especies vexetais de Madagascar de Emile Mocquerys, publicando varias descricións de novas especies en colaboración cos seus colegas. Interesouse polas plantas tropicais de Indochina e Filipinas, así como pola bioloxía das cápsulas monospermas.[2] Xa sendo un experto botánico, conseguiu o posto de profesor de Historia Natural na Universidade de Xenebra e o de Director do Xardín botánico desa cidade, cargos que ocupara o seu pai.

Tamén estudou a orixe das plantas cultivadas e a importancia dos factores ambientais no desenvolvemento dos organismos vivos. Dedicouse así mesmo á fixación das normas internacionais da nomenclatura botánica.

En 1912 foi chamado para ocupar o consulado británico en Xenebra,[2] función para o que a súa educación formal o preparara ben. A solicitude para tal emprego, especialmente durante os catro anos da primeira guerra mundial, reduciron o tempo para os seus estudos botánicos. A morte do seu pai en 1918 e o final da guerra levouno a dimitir do consulado e a seguir a súa carreira botánica. Porén, estes estudos víronse truncados pola súa súbita e inesperada morte, acontecida aos 51 anos. Despois da súa morte, o herbario "De Candolle", que consta de 400 000 exemplares e unha importante biblioteca de 14 000 volumes, foi doada á cidade de Xenebra.[2]

Richard Émile Augustin de Candolle está soterrado no Cemiterio de Chêne-Bougeries, cantón de Xenebra.

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Richard Émile Augustin de Candolle casou con Louise de Saugy en 1895 e tiveron tres fillas e dous fillos.[5]

Honores[editar | editar a fonte]

Membro de:

  • Sociedade helvética de Ciencias Naturais
  • Sociedade botánica de Xenebra
  • Sociedade botánica de Suíza
  • Sociedade física de Historia Natural, da que foi o seu presidente en 1914

Algúns taxons descritos por Augustin de Candolle[editar | editar a fonte]

  • Glinus oppositifolius
  • Ouratea integrifolia

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Aug.DC. emprégase para indicar a Augustin de Candolle como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. De Candolle, Augustin en Library of the Gray Herbarium.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Heinz Balmer: Candolle, Augustin de no Dictionnaire historique de la Suisse (DHS), versión do 27-04-2005. Consultado o 27 de xullo de 2022.
  3. Warner, M. F. (Setembro de 1921). Stevens, Neil E., ed. "Bibliography, Biography and History". Botanical Abstracts IX (2): 100.  citando resumo de: Anonymous (1920). "Augustin de Candole". Kew Bulletin: 219–220. 
  4. Rossellat, Lionel. "Florence Pauline Lucienne de Candolle – Arbre généalogique Lionel Rossellat – Geneanet". Consultado o 27 de xullo de 2022. 
  5. Briquet, J. (1920). "Richard-Emile-Augustin de Candolle (1868–1920)". Actes de la Société Helvétique des Sciences Naturelles: 1–4. 
  6. Aug.DC. – Richard Émile Augustin de Candolle (1868-1920) no IPNI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Chodat, Robert H. (1920): ·Richard-Emile-Augustin de Candolle (1868-1920)". Rédaction des Archives des Sciences physiques et naturelles. 4 pp.
  • Fancher, R. E. (1983). "Alphonse de Candolle, Francis Galton, and the early history of the nature-nurture controversy". Journal of the history of the behavioral sciences 19 (4): 341–352.