Antonio López Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio López Hernández
Nacemento1879
 A Coruña
Falecemento16 de xullo de 1950
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]

Antonio López Hernández, nado na Coruña en 1879 e finado en Madrid o 16 de xullo de 1950, foi un arquitecto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a carreira na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, licenciándose en 1904. Traballou nun primeiro momento coma arquitecto funcionario do Ministerio de Facenda en Sevilla, de 1906 a 1908, trasladándose deseguido a Pontevedra e A Coruña, onde casou con Carmen López Martínez en 1910. Continuou co seu traballo para o Ministerio amais de como arquitecto libre en diversos proxectos desta cidade entre 1910 e 1913. Daquela trasladouse a Pontevedra como arquitecto do catastro, onde residirá até 1932.

En 1920 traballará interinamente no posto de arquitecto municipal de Pontevedra á vez que foi nomeado presidente da Asociación de arquitectos de Galicia nesta cidade. Volveu á Coruña en 1932, cunha menor produción respecto da desenvolvida na súa anterior estadía. Trasladouse a Madrid en 1944, onde faleceu.

Obra[editar | editar a fonte]

A Terraza, en Sada.
Á dereita, a Casa Arambillet.

López Hernández, xunto con Ricardo Boán y Callejas, está considerado o introdutor do modernismo na cidade da Coruña.[1] Entre as súas obras destacan:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A arquitectura modernista". Coruña Turismo. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  2. "A Terraza de Sada". Turgalicia. Consultado o 21 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Artistas galegos. Arquitectos. Arquitectura modernista, ecléctica e rexionalista. Nova Galicia Edicións (2002) ISBN 84-87755-94-1

Outros artigos[editar | editar a fonte]