Saltar ao contido

Óscar Boán Callejas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÓscar Boán Callejas
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Mortemarzo de 1964 Editar o valor en Wikidata
Vigo Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cangas de Morrazo
1936 – 1937
 Agustín Jorge EtcheverriEmilio Lorenzo Bastos  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsRicardo Boán Callejas Editar o valor en Wikidata

Óscar Boán Callejas, finado en Vigo en marzo de 1964, foi un militar e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do capitán de cabalería Ricardo Boán, natural de Guantánamo, e de María Dolores Callejas Becerra, da Habana. A familia tivo que trasladarse a Madrid en 1884 por mor da guerra de Independencia de Cuba. Fixo a carreira militar, e en 1908 era primeiro tenente do Rexemento de Cazadores de Galicia, 25º de Cabalería.[1] Comandante de Cabalería retirado, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Cangas de Morrazo.[2] En maio de 1937 foi nomeado Delegado de Orde Pública da provincia de Pontevedra,[3] posto no que cesou en outubro de 1937.[4] Estivo na fronte algúns meses en 1938 e foi ascendido a coronel de Cabalería.

Logo da toma de Castelló de la Plana polos sublevados o 13 de xuño de 1938, participou na represión das comarcas de Castelló. Foi ascendido a tenente coronel en maio de 1939.[5] Presidente do Consello de Guerra en Sagunt, ordenou o fusilamiento de 27 veciños de Puçol, Sagunt e Puig o 5 de maio de 1939; presidiu o tribunal que condenou a tres veciñas de Catarroja, Carmen Martínez Fortea, Bárbara Morellá Ribes e Francisca Ballester Noguera fusiladas despois en Paterna; condenou a morte a Rosa Font "La Budella"; procesou ao escultor Manuel Silvestre Montesinos (Silvestre d’Edeta) e outras 27 persoas en Llíria; condenou a Juan e Miguel Pérez Gaviria e o concelleiro socialista Elias Murcia Martínez de Ayora. Retornou a Vigo en 1941 co rango de coronel, onde permaneceu en activo ata a súa xubilación en 1947. Finou en Vigo en marzo de 1964.[6]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Vigo con Rufina Lameiro Furio en 1907,[7] e foi pai de María del Carmen, Sara María e María Teresa Boán Lameiro. A súa muller Rufina Lameiro finou en 1960.[8]

  1. Gaceta de Madrid, 1-6-1908, p. 1048.
  2. El Ideal Gallego, 25-7-1936, p. 4.
  3. El Diario de Pontevedra, 18-5-1937, p. 2.
  4. El Ideal Gallego, 13-10-1937, p. 3.
  5. BOE, 3-6-1939, p. 3041.
  6. El Pueblo Gallego, 10-3-1964, p. 2.
  7. El Correo Gallego, 13-4-1907, p. 1.
  8. El Pueblo Gallego, 15-4-1960, p. 6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96403-74-2. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Agustín Jorge Etcheverri
 
Alcalde de Cangas de Morrazo
 
1936 - 1937
Sucesor:
Emilio Lorenzo Bastos