Rhombosolea plebeia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rhombosolea plebeia
Solla de area de Nova Celandia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Pleuronectidae
Subfamilia: Rhombosoleinae
Xénero: Rhombosolea
Especie: R. plebeia
Nome binomial
Rhombosolea plebeia
(Richardson, 1843)

Rhombosolea plebeia é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos rombosoleinos,[1] unha das catro recoñecidas actualmente no xénero Rhombosolea,[2] coñecida en galego como solla de area de Nova Celandia.[3]

Trátase dunha mariña, demersal, de certa importancia comercial, que vive en augas pouco profundas das costas do suroeste do Pacífico, en torno ás illas de Nova Celandia.[4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Primeira descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por primeira vez en 1843 polo naturalista escocés John Richardson, baixo o nome de Rhombus plebeius.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, e polo orixinario que lle impuxo Richardson, a especie foi coñecida ao longo do tempo polos sinónimos seguintes:[1][5]

  • Apsetta thompsoni Kyle, 1901
  • Bowenia novaezealandiae Haast, 1873
  • Rhombosolea thompsoni (Kyle, 1901)

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome específico, plebeia, é a forma feminina do adxectivo latino plēbēius, -a, -um que, ademais de "plebeo", significa "ordinario", "corrente".

Catracterísticas[editar | editar a fonte]

É un peixe plano de forma romboidal que pode alcanzar unha lonxitude de 43 cm,[6] aínda que os espécimes capturados roldan tan só os 30.[7]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Trátase dun peixe mariño, demersal, que vive en augas pouco profundas, xeralmente a profundidades de entre menos de 50 até uns 100 m.[7][8]

Os individuos xuvenís concéntranse en augas costteiras protexidas, tales como estuarios e marismas pouco profundas, onde permanecen até os dous anos de idade.[9]

A especie non mostra unha marcada preferencia polo tipo de substratos, encontrádose en fondos de area, lama, arxila, grava e pedras. É común encontrala nas pozas que se forman cando baixa a marea.[5]

Distribución[editar | editar a fonte]

A especie distribúese polas cosatas das dúas grandes illas que constitúen o estado de Nova Celandia.[4]

As zonas onde é máis abundante son a baía de Tasman (no norte da Illa Norte) e fronte á costa sueste da Illa Sur.[5]

Usos[editar | editar a fonte]

Rhombosolea plebeiaone é unha das máis importantes especies pesqueiras de peixes planos de Nova Celandia.[5] Captúrase na zona de pesca 81 (suroeste do Pacífico).[3]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

En 2010 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), avaliou o estado de conservación desta especie como LC (pouco preocupante), debido á súa abundancia na súa área de distribución e, aínda que se captura a escala comercial, no hai ningunha evidencia de diminución significativa da súa poboación.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Rhombosolea plebeia (Richardson, 1843) no WoRMS.
  2. Rhombosolea Günther, 1862 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83.
  4. 4,0 4,1 Rhombosolea plebeia (Richardson, 1843) en FishBase.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Rhombosolea plebeia na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015.2.
  6. Manikiam, J. S. (1969): "A guide to the flatfishes (Order Heterosomata) of New Zealand". Tuatara 17 (3): 118-129.
  7. 7,0 7,1 Armitage, R. O.; D. A. Payne; G. J. Lockley; H. M. Currie; R. L. Colban; B. G. Lamb & L. J. Paul, eds. (1994): Guide book to New Zealand commercial fish species. Revised edition. Wellington, New Zealand: New Zealand Fishing Industry Board.
  8. Stevenson, M. L. (2004): Trawl survey of the west coast of the South Island and Tasman and Golden Bays, March-april 2003 (KAH0304). New Zealand Fisheries Assessment Report 2004/4.
  9. Annala, J. H. (1994): Report from the Fishery Assessment Plenary, May 1994: stock assessments and yield estimates. Unpublished report held in MAF Fisheries Greta Point library, Wellington.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ayling, Tony & Geoffrey Cox (1982): Collins Guide to the Sea Fishes of New Zealand. Aucland: William Collins Publishers Ltd. ISBN 0-00-216987-8.
  • Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Paulin, C.; A. Stewart; C. Roberts & P. McMillan (1989): New Zealand fish: a complete guide. National Museum of New Zealand Miscellaneous Series No. 19.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]