Constitución Europea
A Constitución Europea é un tratado internacional que pretende a creación dunha constitución para a Unión Europea. Foi asinado no 2004 por representantes dos estados membros da Unión pero estaba suxeito a ratificación por tódolos estados membros, o cal aínda non sucedeu. As súas principais direccións eran: substituír o gran grupo de tratados existentes que forman a actual "constitución" da Unión, uniformar os dereitos humanos ó longo da Unión Europea, e racionalizar a toma de decisións no que é hoxe unha organización de 25 membros.
A Constitución Europea foi asinada polos representantes dos estados membros o 29 de outubro de 2004, e estaba en proceso de ratificación polos estados membros até que, no 2005, os votantes de Francia (29 de maio) e Países Baixos (1 de xuño) rexeitaron o tratado en referendo. A falta de apoio popular da constitución neses estados fixo que outros países pospoñesen ou detesen os seus procesos de ratificación, e a Constitución ten hoxe un futuro francamente incerto. Téndoo ratificado, o tratado comezaria a aplicarse o 1 de novembro de 2006. En maio de 2006 Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo e Malta retificaron o tratado constitucional.
Ratificación
[editar | editar a fonte]O Tratado da Constitución Europea (TCE) foi asinado nunha cerimonia celebrada en Roma o 29 de outubro de 2004. Antes de comezar coa súa aplicación, porén, debe ser ratificado por cada estado membro. O proceso de ratificación fíxose de diferentes formas en cada país, dependendo das súas tradicións, disposiciós constitucionais e procesos políticos. Nalgús estados membros, a aprobación do xefe de estado é tamén requirida para aprobar o TCE unha vez sexa aprobado polo parlamento ou por referendo. O Presidente de Alemaña non o ten feito aínda, debido a unha batalla legal por que o modo de ratificación non foi o referendo. O Presidente de Eslovaquia tampouco ten aprobada aínda a Constitución.
Lituania, Hungría, Eslovenia, Italia, Grecia, Eslovaquia, Austria, Alemaña, Letonia, Chipre, Malta, Bélxica e Estonia xa completaron a ratificación parlamentaria da Constitución Europea. Ademais, o Parlamento Europeo tamén aprobou o tratado (nun voto simbólico).
Dez dos 25 membros teñen anunciado a súa intención de convocar un referendo sobre a constitución. Nalgúns casos, o resultado será vinculante legalmente; noutros será consultivo (como foi o caso dos Países Baixos). Catro referendos xa tiveron lugar, resultando en España e Luxemburgo ratificada o TCE, e sendo rexeitado en Francia e os Países Baixos. Aínda que o referendo nos Países Baixos foi unicamente consultivo, o goberno neerlandés prometeu que non será ratificada.
Dende o voto francés, algúns dos membros da UE confirmaron a súa intención de abandonar ou pospor the referendo da ratificación, incluíndo o Reino Unido, onde o secretario de exteriores Jack Straw ten dito que non ten ningún sentido planear un referendo tralas decisións de Francia e os Países Baixos [1]. Outros países continuaron cos procesos de ratificación, incluíndo Luxemburgo, que aprobou o tratado nun referendo o 10 de xullo do 2005 [2].
O 15 de setembro de 2005, o membro do Parlamento Europeo Johannes Voggenhuber do Partido Verde Austríaco e Andrew Duff de Democracia Liberal suxeriron o seguinte plano de acción:
- Antes da fin de 2006, redactar un tratado moi reducido contendo só os puntos sobre os que non hai controversia.
- Denantes da fin de 2009, unha nova convención constitucional debería decidir sobre unha nova constitución, prestando especial atención ó sistema social e as Política Común Exterior e Política de Seguridade.
- Xunto ás eleccións ó Parlamento Europeo no 2009, debería ser convocado un referendo europeo sobre o Tratado Constitucional.
Esta proposta foi votada no Parlamento Europeo o 19 de xaneiro de 2006 con 385 votos a favor e 125 en contra.
Ratificación en España
[editar | editar a fonte]Resultados
Participación: 42,33 %
Abstención: 57,67% |
Ratificación por referendo
[editar | editar a fonte]Estado Membro | Data | Resultado: % votos a favor (% votantes) |
---|---|---|
España | 20 de febreiro de 2005 | Si: 76,7% (do 42,3%)[1] |
Francia | 29 de maio de 2005 | Non: 54,7% (do 69,3%)[2] |
Países Baixos | 1 de xuño de 2005 | Non: 61,6% (do 62,8%) |
República Checa | Cancelado | Falta a ratificación do Parlamento |
Luxemburgo | 10 de xullo de 2005 | Si: 56,5% (do 87,77%) |
Irlanda | Posposto indefinidamente | |
Dinamarca | Posposto indefinidamente | |
Polonia | Posposto indefinidamente | |
Portugal | Posposto indefinidamente | |
Reino Unido | Posposto indefinidamente |
Aprobación parlamentaria da Constitución
[editar | editar a fonte]Parlamento | Data | Resultado | Sinatura do Xefe de Estado |
---|---|---|---|
Lituania | 11 de novembro de 2004 | Si: 84 a 4[3] | Si |
Hungría | 20 de decembro de 2004 | Si: 322 a 12 | Si |
Parlamento Europeo | 12 de xaneiro de 2005 | Si: 500 a 137 | Non hai |
Eslovenia | 1 de febreiro de 2005 | Si: 79 a 4[4] | Si |
Italia | 6 de abril de 2005 | Si: Cámara Baixa: 436 a 28. Si: Cámara Alta: 217 a 16 |
Si |
Grecia | 19 de abril de 2005 | Si: 268 a 17. | Si |
Eslovaquia | 11 de maio de 2005 | Si: 116 a 27 | Pendente |
España | 18 de maio de 2005 | Si: Cámara Baixa: 319 a 19. Si: Cámara Alta: 225 a 6 |
Si |
Austria | 25 de maio de 2005 | Si. Cámara Baixa: 182 a 1. Si. Cámara Alta: 59 a 3 |
Si |
Alemaña | 27 de maio de 2005 | Si: Cámara Baixa: 569 a 23. Si: Cámara Alta: 66 a 3. |
Pendente |
Letonia | 2 de xuño de 2005 | Si: 71 a 5[5] | Si |
Chipre | 30 de xuño de 2005 | Si: 30 a 19 | Si |
Malaui | 6 de xullo de 2005 | Si: 65 a 0 | Si |
Luxemburgo | 25 de outubro de 2005 | Si: 57 a 1 | Si |
Bélxica | 8 de febreiro de 2006 | Si. Cámara Baixa: 118 a 18 Si. Cámara Alta: 54 a 9. Si: Parlamento Rexional de Bruxelas: 69 a 10. Si: Parlamento da Comunidade Alemá: 21 a 2. Si: Parlamento Rexional de Valonia Si: Parlamento da Comunidade Francesa. Si: Parlamento Rexional Flamengo: 84 a 29. (Tódolos gobernos rexionais tamén aprobaron o tratado, cumprindo os requisitos do proceso de ratificación belga.) |
Pendente |
Estonia | 9 de maio de 2006 | Si: 73 a 1 | Pendente |
Finlandia | 12 de maio de 2006 (Expectante) 2006 |
Si. Primeira Volta: 104 a 24. Segunda Volta: Non foi aínda. |
|
Suecia | Posposto indefinidamente | ||
República Checa | Posposto indefinidamente |
Países ingresantes
[editar | editar a fonte]Os dous países que entrarán na Unión Europea no 2007, Bulgaria e Romanía, xa aceptaron a Constitución Europea como parte do proceso de admisión.
Parlamento | Data | Resultado | Sinatura do Xefe de Estado |
---|---|---|---|
Bulgaria | 11 de maio de 2005 | Si: 231 a 1 | Si |
Romanía | 17 de maio de 2005 | Si: 434 a 0 | Si |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/02/21/3484312.shtml?idioma=galego Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine. O si de España anima ao resto da UE a ratificar a Constitución
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/30/100000070380.shtml?idioma=galego Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine. O non francés á Constitución abre unha crise na Unión Europea
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/11/11/3197855.shtml?idioma=galego Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. Lituania, primeiro país en ratificar a Constitución europea
- ↑ http://www.vieiros.com/nova/40744/o-parlamento-de-eslovenia-ratifica-a-euroconstitucion O parlamento de Eslovenia ratifica a euroconstitución
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/06/02/3784397.shtml?idioma=galego Arquivado 11/03/2016, en Wayback Machine. O Parlamento letón aproba a Carta Magna e Suecia opta por esperar a que se reúna o Consello