Reserva de caza de Selous

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Reserva de caza Selous»)
Reserva de caza de Selous
Reserva de caza de Selous en Tanzania
Reserva de caza de Selous
Reserva de caza de Selous
localización
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísTanzania Tanzania
LocalizaciónCoordenadas: 9°0′S 37°24′L / -9.000, -37.400
TipoNatural
Criteriosix, x
Inscrición1982 (6ª sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador199bis

A reserva de caza de Selous é unha área protexida no sur de Tanzania. Abrangue unha área total de 50,000 km² e ten zonas de búfer adicional. Foi designado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1982 debido á súa diversidade de vida salvaxe e natureza. Algúns dos animais presentes na reserva son o elefante africano de sabana, o rinoceronte negro, o hipopótamo, o león, o licaón, o búfalo africano, a xirafa masai, a cebra común e o crocodilo do Nilo. Non se permite a presenza humana permanente dentro da reserva. Toda entrada e saída humana está controlada pola División de Vida Silvestre do Ministerio de Recursos Naturais e Turismo de Tanzania.

Historia[editar | editar a fonte]

A zona foi designada por primeira vez como área protexida en 1896 polo gobernador alemán de Tanganika, Hermann von Wissmann, e converteuse en reserva de caza en 1905. A reserva leva o nome de Frederick Selous, un famoso cazador de caza maior e conservacionista, que morreu en Beho Beho neste territorio en 1917 cando loitaba contra os alemáns na primeira guerra mundial. O explorador e cartógrafo escocés Keith Johnston morreu en Beho Beho en 1879 mentres lideraba unha expedición da Royal Geographical Society cara aos Grandes Lagos de África xunto a Joseph Thomson.

Dende 2005, a área protexida é considerada unha Unidade de Conservación do león.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IUCN Cat Specialist Group (2006). Conservation Strategy for the Lion Panthera leo in Eastern and Southern Africa. Pretoria, Suráfrica: IUCN. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]