Reino de Libia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
المملكة الليبية
al-Mamlakah al-Lībiyya
Reino de Libia

1951–1969
Bandeira Escudo
Capital Trípoli
Bengasi
Al Bayda[1]
Lingua Árabe
Goberno Monarquía Constitucional
Historia
 • Establecido 1951
 • Disolución 1969
Moeda Libra libia

O Reino de Libia (en árabe: المملكة الليبية, literalmente, o Reino Libio) chamado nun principio o Reino Unido de Libia foi un estado creado tras a independencia de Libia o 24 de decembro de 1951 e disolto tras o golpe de Estado dirixido por Muammar al-Gaddafi o 1 de setembro de 1969, coa derrogación do Rei Idris de Libia establecéndose así a República Árabe Libia.

Historia[editar | editar a fonte]

As 3 provincias provincias libias(1963).

Trala derrota italiana na Segunda Guerra Mundial, o goberno italiano entregou Libia as Nacións Unidas que repartiron o territorio, Fezzan para Francia e Cirenaica e Tripolitania para o Reino Unido. O 21 de novembro de 1949 a Asemblea Xeral aprobou unha resolución das Nacións Unidas que indicaba que Libia había de ser un estado independente antes de 1952 e así o 24 de decembro de 1951 Libia estableceuse como unha monarquía constitucional co rei Idris como monarca.

Idris as-Senussi, o emir de Tripolitania e Cirenaica e líder da orden Senussi, foi o representante de Libia nas negociacións da ONU, e o 24 de decembro de 1951 declarou a independencia de Libia xunto cos representantes das tres provincias formando unha unión á que chamaron Reino Unido de Libia ofrecéndose Idris as-Senussi como monarca. Conforme a Constitución o novo país tiña un goberno federal con tres estados autónomos membros, A Cirenaica, Tripolitania e Fezza. O reino tiña dúas capitais Trípoli e Bengasi. Dous anos despois da súa independencia, o Reino de Libia uniuse á Liga Árabe.

Tras obter á independencia. Libia enfrontouse a unha serie de problemas, no país non había escolas e o número de graduados universitarios era moi baixo. Así mesmo, no país só había tres avogados e nin un só médico, enxeñeiro, topógrafo ou farmacéutico libio no reino. Estimase tamén que só 250.000 libios sabían ler e escribir. Por mor disto, o Reino Unido presentou unha serie de funcionarios para o persoal do goberno.

En abril de 1955, comezaron as exploracións de petróleo sendo os primeiros campos descubertos en 1959. As primeiras exportacións comezaron en 1963.

O 25 de abril de 1963 o sistema federal libio foi abolido e de acordo con isto o nome do país foi cambiado a Reino de Libia para reflectir os cambios constitucionais.

A monarquía libia chegou ó seu fin o 1 de setembro de 1969 cando un grupo de militares liderados por Muammar al-Gaddafi organizaron un golpe de Estado contra o Rei Idris mentres este estaba en Turquía. Os revolucionarios detiven ó Xefe do Estado Maior do Exército e cabeza da seguridade no. Tras recibir as noticias do golpe, o rei non outorgoulle importancia mentres que o herdeiro anunciaba o seu apoio ó novo réxime.

O rei Idris abdicou o 4 de agosto de 1969, facéndose efectiva a súa renuncia o 2 de setembro en favor do príncipe herdeiro, que fora nomeado rexente tras a partida do rei a Turquía. Tras o derrocamento da monarquía, o país foi renomeado República Árabe Libia.

Notas[editar | editar a fonte]