Saltar ao contido

Referendo de autonomía de Cataluña de 1931

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Referendo de autonomía de Cataluña de 1931
Cataluña Editar o valor en Wikidata 1979 Editar o valor en Wikidata  → 
Data2 de agosto de 1931 Editar o valor en Wikidata
Tiporeferendo Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado792.574 Editar o valor en Wikidata
598.491
   75.51٪
Número de votos válidos598.491    Número de votos en branco 0   Número de votos nulos 0
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Si
595.205   99.45٪
Gañador/a
Non
3.286   0.55٪

O referendo de autonomía de Cataluña, co obxectivo de aprobar o Estatuto de Núria, celebrouse en Cataluña o 2 de agosto de 1931.[1] Participou arredor dun 75% do censo, formado por homes adultos de máis de 25 anos (sufraxio masculino adulto),[2] e o resultado foi afirmativo nun 99%. As mulleres, que non podían votar segundo a lei, reuniron unhas 400.000 sinaturas de adhesión ó Estatuto de Núria.[1]

Posteriormente á redacción do ante proxecto, este foi aprobado sucesivamente pola deputación provisional, pola Generalitat e pola poboación do Principado. A consulta lévase a cabo en dúas fases, o 26 de xullo o texto de Núria foi aprobado por 1.063 concellos cataláns (un 98% do total); e o 2 de agosto de 1931, o pobo catalán pronunciouse a prol do Estatuto cun 75% de participación, e 595.205 votos a prol (un 99% do censo) por só 3.286 en contra.[2][3]

  1. 1,0 1,1 "Estatut de Catalunya del 1932". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. 2,0 2,1 "1931: Referèndum de l'Estatut". 20 minutos. 5 de xuño de 2006. 
  3. Blogs Sapiens (ed.). "La Generalitat provisional i l'Estatut d'Autonomia de 1932" (en catalán). Ciències Socials en xarxa. Consultado o 26 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]