Rede ferroviaria de España
A rede ferroviaria española é o conxunto de liñas de ferrocarril que vertebran o territorio en España. Na actualidade conta con liñas de largo ibérico, largo internacional e largo métrico. A rede está composta principalmente polas liñas da Rede Ferroviaria de Interese Xeral (RFIG) e polas liñas cuxa titularidade foi traspasada ás comunidades autónomas.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde finais de 1829 sucedeuse en España unha serie de peticións de construción de ferrocarrís ao Goberno, a través do Ministerio de Fomento e o seu ministro Francisco de Luxán. A primeira liña férrea concedida en España, aínda que non chegou a construírse entón, foi a chamada liña da Raíña María Cristina de Borbón, cuxo tendido debía ir desde Xerez da Fronteira a El Puerto de Santa María e desde esta cidade a Rota e Sanlúcar de Barrameda. O proxecto foi aprobado pola Real Orde do 28 de marzo de 1830. Existe un caderno impreso na Imprenta Española de don M. Calero, en Londres, aquel ano 1830, onde se contén a regulamentación e o plano. O empresario era Marcelino Calero y Portocarrero. Si que se chegou a realizar, en cambio, a que se pode dicir que é a primeira liña de ferrocarril na Península Ibérica, con 28 km, o 28 de outubro de 1848, de Barcelona a Mataró, como concesionario José María Roca, que se abriu ao público o 1 de novembro de 1848. En 1849 solicitouse a concesión á liña de Madrid a Aranjuez, con 49 km; a partir de aí, o número de solicitudes obrigaron o Goberno a realizar un proxecto de lei de ferrocarrís.
Porén, a primeira liña ferroviaria española foi propiamente en Ultramar, en Cuba: o ferrocarril da Habana a Güines, inaugurado o primeiro tramo ata Bejucal o 19 de novembro de 1837, financiado con capital público e tecnoloxía estadounidense e estreitamente vinculado ás explotacións azucreiras do occidente da illa.
Ancho das vías férreas
[editar | editar a fonte]Coa Lei de Ferrocarrís declarouse estándar en España un ancho de vías superior ao europeo, que aínda se usa nos nosos días. Equivocamente crese que esta maior anchura se elixiu para evitar unha posible invasión por vía férrea, pero a realidade é que a xeografía montañosa do noso territorio requiría unha maior potencia nas máquinas de vapor, e iso facíaas máis grandes e pesadas. Isto foi un erro: a potencia dunha máquina de vapor é maior canto máis longo sexa o cilindro; bastaría con empregar locomotoras máis longas, non máis anchas. Esta decisión impediu ata agora a comunicación directa da nosa rede coa de países veciños, motivo polo cal cando se proxectou o AVE se decidiuse usar o ancho de vías europeo.
As compañías ferroviarias
[editar | editar a fonte]Logo de establecido o marco legal comezaron a crearse en España unhas compañías de explotación ferroviaria; as máis importantes foron:
- Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España (1858 - 1941)
- Compañía del Ferrocarril de Tudela a Bilbao (1863 - 1878)
- Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante (1856 - 1941)
- Compañía de los Ferrocarriles Andaluces (1877 - 1936)
- Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Cáceres y Portugal (1880 - 1894)
- Compañía de Tranvías y Ferrocarriles de Valencia
- Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste (1928 - 1941)
- Compañía de los Caminos de Hierro del Sur de España (1889 - 1929)
- Compañía de los Caminos de Hierro de Granada (Baza-Guadix) (1917 - 1941)
- The Great Southern of Spain Railway Company Limited (1885 - 1941)
- Explotación de Ferrocarriles por el Estado (1926 - 1965)
- Compañía del Ferrocarril Santander-Mediterráneo (1927-1941)
- Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles (1941 - 2004)
- Ferrocarriles Españoles de Vía Estrecha (FEVE) (1965 - 2012)
- Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC) (dende 1979)
- Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos (dende 1982)
- Ferrocarrils de la Generalitat Valenciana (FGV) (dende 1986)
- Serveis Ferroviaris de Mallorca (SFM) (dende 1994)
- Gestor de Infraestructuras Ferroviarias (GIF) (1996 - 2005)
- Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) (dende 2005)
- Renfe Operadora (dende 2005)
- Acciona Rail Services (dende 2006)
- Continental Rail (dende 2007)
- ALSA Rail
Descrición da rede ferroviaria española
[editar | editar a fonte]Polo tipo de vía
[editar | editar a fonte]En España distínguense catro tipos:
- Vía única non electrificada.
- Vía única electrificada.
- Vía dobre non electrificada.
- Vía dobre electrificada.
Polo tipo de control do tráfico
[editar | editar a fonte]En España distínguense:
- Bloqueo de sinalización lateral (BSL)
- Bloqueo telefónico (BT)
- Bloqueo telefónico centralizado (BTC)
- Bloqueo eléctrico manual (BEM)
- Bloqueo automático en vía única (BAU)
- Bloqueo automático en vía dobre (BAD)
- Bloqueo automático en vía única con control de tráfico centralizado (BAUctc)
- Bloqueo automático en vía dobre con control de tráfico centralizado (BADctc)
- Bloqueo automático banalizado (BAB)
- Bloqueo automático banalizado con control de tráfico centralizado (BABctc)
- Control de circulación por radio (CCR)
- Bloqueo de control automático (BCA)
- Bloqueo de liberación automática en vía única (BLAU)
- Bloqueo de liberación automática en vía única con control de tráfico centralizado (BLAUctc)
- Bloqueo de liberación automática en vía dobre con control de tráfico centralizado (BLADctc)
Por largo de vía
[editar | editar a fonte]En España distínguense os seguintes largos de vía:
- Largo de vía ibérico (1668 mm), nas liñas ferroviarias tradicionais.
- Largo de vía internacional (1435 mm), nas novas liñas de alta velocidade.
- Largo de vía métrico (1000 mm), nas liñas de vía estreita.
- Largo de vía de 1 iarda (914 mm), no Ferrocarril de Sóller, na illa de Mallorca.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia do ferrocarril en España
- Sitio oficial de Renfe
- Sitio oficial de Feve
- Sitio oficial de Adif
- Sitio non oficial sobre ferrocarril de alta velocidade
- Estacións de ferrocarril de España
- Asociación Española de Fabricantes Exportadores de Material, Equipos e Servizos Ferroviarios
- Federación Española de Asociacións de Amigos do Ferrocarril Arquivado 26 de xuño de 2008 en Wayback Machine.
- Asociación de Amigos do Ferrocarril de Madrid
- Promotores do primeiro ferrocarril da península, de Barcelona a Mataró