Receptor sensorial
Os receptores sensoriais son terminacións nerviosas especializadas ou non, situadas nos órganos sensoriais (como a lingua, a pel, o nariz, os ollos, o oído, etc.). Son os encargados de captar estímulos, internos ou externos, para levar a información e obter unha resposta xa sexa interna ou externa, e capaces de xerar un impulso nervioso e sensacións.[1]
O impulso é transportado ao sistema nervioso central e procesado en distintas áreas dentro do córtex cerebral, para proporcionar ao individuo información das condicións ambientais que o rodean e xerar unha resposta apropiada. É dicir, os receptores sensoriais son células nerviosas especializadas en transformar sinais físico-químicas en sinais eléctricas, convertendo a enerxía física nun potencial eléctrico mediante un proceso que se denomina transdución de sinais.
Tipos
[editar | editar a fonte]Estas estruturas pódense clasificar en:[2]
- Exteroreceptores.
- Propioceptores.
Exteroreceptores
[editar | editar a fonte]Son aqueles receptores que se sitúan na pel para recoller información do medio ambiente que a rodea. Estes poden clasificiarse en diferentes tipos segundo as sensacións que recollen:[3]
- Tacto: corpúsculos de Meissner (derme) e discos de Merkel (epiderme).[4]
- Calor: corpúsculos de Ruffini.
- Frío: corpúsculos de Krause.
- Dor: terminacións libres.
- Vibración: corpúsculos de Paccini.[5] Consultada o 30-03-2017.
Propioceptores
[editar | editar a fonte]Son estruturas somáticas máis profundas. Encóntranse nos músculos, nas articulacións e nos ligamentos.
- Posición do corpo respecta ao espazo: fusos neuromusculares e receptores de Golgi.
- Dirección e forza dun movemento articular: fusos neuromusculares e corpúsculos de Paccini.
- Presión nos órganos discernindo se é ou non álxica: corpúsculos de Ruffini.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ receptor, en Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.
- ↑ Michael J. Gregory. "Sensory Systems". Clinton Community College. Arquivado dende o orixinal o 25-06-2013. Consultado o 30-03-2017.
- ↑ Trulsson, M.; Francis, S. T.; Bowtell, R. & McGlone, F. (2010):Brain activations in response to vibrotactile tooth stimulation: a psychophysical and FMRI study, J. Neurophysiol. 104 (4): 2257-65.
- ↑ http://medical-dictionary.thefreedictionary.com/Cutaneous+receptor
- ↑ Sensory Receptor Function Arquivado 03 de agosto de 2008 en Wayback Machine. (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Receptor sensorial |