Mecanorreceptor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
4 tipos de neuronas sensoriais.

Un mecanorreceptor é un receptor sensorial que reacciona ante a presión mecánica ou as distorsións, nos que están comprendidos os receptores do tacto, os acústicos, os barorreceptores e os receptores da gravidade, cuxos estímulos son as vibracións, as presións e as deformacións mecánicas do medio.[1]

Na pel humana[editar | editar a fonte]

Existen cinco tipos principais na pel humana sen pelo: os corpúsculos de Pacini, os corpúsculos de Meissner, os corpúsculos de Krause, as terminacións nerviosas de Merkel e os corpúsculos de Ruffini. Existen tamén mecanorreceptores na pel con pelo, e as células da cóclea son de feito os mecanorreceptores máis sensíbeis de todos, transducindo as presións de aire no son.

Son tamén estruturas que corresponden a terminacións nerviosas libres ou encapsuladas, que actúan como transdutores, é dicir, teñen a capacidade de transformar un estímulo mecánico, químico ou electromagnético nun impulso nervioso.

Mecanismo da sensación[editar | editar a fonte]

Os mecanorreceptores son neuronas secundarias que responden a estímulos mecánicos disparando potenciais de acción. Na transducción somatosensorial, as neuronas aferentes transmiten a través de sinapses unha mensaxe ao núcleo da medula espiñal, onde as neuronas de segunda orde mandan o sinal ao tálamo e realizan a sinapse coas neuronas de terceira orde no complexo ventrobasal. As neuronas de terceira orde mandan logo o sinal á córtex somatosensorial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. mecanorreceptor, en Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]