Corpúsculo de Meissner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sensores do tacto na pel.
Papila da man, tratada con ácido acético. Magnificada 350 veces.

A. Corte lateral dunha papila da man.
a. Capa cortical.
b. Corpúsculo táctil de Meissner.
c. Nervio da papila con neurolema.
d. As súas dúas fibras nerviosas facendo espirais arredor do corpúsculo.
e. Terminación aparente dunha desas fibras.

B. Corte transversal dunha papila táctil.
a. Capa cortical.
b. Fibra nerviosa.
c. Capa externa
d. Substancia interna.
Diagrama dunha sección vertical da pel.
Micrografía óptica da pel. A frecha sinala un corpúsculo de Meissner.

Os corpúsculos de Meissner son un tipo de mecanorreceptor táctil da pel. [1] Son un tipo de terminacións nerviosas situadas na pel que son responsables da sensibilidade a toques lixeiros sobre a pel. Teñen a súa maior sensibilidade ás vibracións de menos de 50 hertz. Son receptores de adaptación rápida.

Reciben o seu nome do anatomista alemán Georg Meissner (1829–1905), que os descubriu.


Localización[editar | editar a fonte]

Están distribuídos en varias áreas da pel, pero concéntranse en áreas especialmente sensibles ao tacto lixeiro ou fino, como as xemas dos dedos e beizos. [2][3][4][5][6][7] Máis en concreto, están localizados principalmente na pel sen pelo (xemas dos dedos, palmas das mans, plantas dos pés) xusto debaixo da epiderme nas papilas dérmicas. [8]

Estrutura[editar | editar a fonte]

Os corpúsculos de Meissner son terminacións nerviosas encapsuladas e non mielinizadas, que constan de células de soporte aplanadas dispostas como láminas horizontais rodeadas por unha cápsula de tecido conectivo. O corpúsculo ten unha lonxitude de entre 30 e 140 μm e un diámetro de entre 40 e 60 μm e unha forma alongada, elíptica ou piriforme, con estremos arredondados.

Teñen unha soa fibra nerviosa que cursa facendo espirais entre as láminas por todo o corpúsculo.

Cambios relacionados coa idade[editar | editar a fonte]

O número de corpúsculos de Meissner por milímetro cadrado na pel da xema dos dedos humanos cae a catro veces menos entre os 12 e os 50 anos, o que se corresponde coa perda de sensibilidade táctil observada coa idade en diversos estudos [9].

Funcións[editar | editar a fonte]

Calquera deformación física no corpúsculo causa un potencial de acción no nervio do corpúsculo. Como son receptores de adaptación rápida ou fásicos, os potenciais de acción xerados decrecen rapidamente e finalmente cesan (por iso non e "sente" a propia roupa).

Se o estímulo se elimina, o corpúsculo recobra a súa forma e ao facelo causa a xeración doutro potencial de acción.

Debido á súa localización superficial na derme, estes corpúsculos son particularmente sensibles ao tacto e vibracións, pero, pola mesma razón, están limitados a informar só de que algo está tocando a pel.

As sensacións de presión profunda (por exemplo, a dun golpe) xéranse nos corpúsculos de Pacini (o único mecanorreceptor táctil fásico ademais do de Meissner), que están situados a máis profundidade na derme, e nalgunhas terminacións nerviosas libres.

Ademais, os corpúsculos de Meissner non detectan a dor, a cal é detectada exclusivamente polas terminacións nerviosas libres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paré, Michel; Joseph E. Mazurkiewicz, Allan M. Smith, and Frank L. Rice (2001-09-15). "The Meissner Corpuscle Revised: A Multiafferented Mechanoreceptor with Nociceptor Immunochemical Properties". The Journal of Neuroscience 21 (18): 7236–46. PMID 11549734. http://www.jneurosci.org/cgi/content/full/21/18/7236. 
  2. Cauna, Nikolajs; Leonard L. Ross (1960-10-01). "The fine structure of meissner's touch corpuscles of human fingers" (PDF). The Journal of Cell Biology 8 (2): 467–82. DOI:10.1083/jcb.8.2.467. PMC 2224947. PMID 13691669. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=2224947. Consultado o 2010-05-07. 
  3. Hoffmann, JN; Montag AG, Dominy NJ. (2004-11). "Meissner corpuscles and somatosensory acuity: the prehensile appendages of primates and elephants." (PDF). Anat Rec a Discov Mol Cell Evol Biol.: 1138–47. http://www.artsci.wustl.edu/~hpontzer/Courses/Hoffman%20et%20al%202004%20Anat%20Rec%20Meissners%20Corpuscles.pdf. Consultado o 2010-05-07. 
  4. Bongiorno, Rita Bongiorno; Spyridoula Doukaki, Mario Aricò (2010-01-25). "Neurofibromatosis of the nipple-areolar area: a case series". Journal of Medical Case Reports 4 (22): 22. DOI:10.1186/1752-1947-4-22. PMC 2823760. PMID 20205809. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=2823760. Consultado o 2010-05-07. 
  5. Martini / Bartholomew (1995/2010). Essentials of Anatomy and Physiology 3E. Pearson Benjamin Cummings. http://www.templejc.edu/dept/Biology/RHicks/biol2404Int/biol2404onl_ch5.htm. 
  6. Afifi, Adel K.; Ronald Arly Bergman (1998/2005). Functional neuroanatomy: text and atlas. McGraw-Hill Professional. pp. 16. DOI:10.1036/0071408126. ISBN 0-07-001589-9. 10.1036/0071408126. http://books.google.com/?id=_cWKT9-P9LAC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false. 
  7. "Nervous system - Touch". BBC. http://www.bbc.co.uk/science/humanbody/body/factfiles/touch/touch.shtml. Consultado o 2010-05-07. 
  8. Winkelmann, R. K. (1959-01-21). "The Erogenous Zones: Their Nerve Supply and Significance". Proceedings of the Staff Meetings of the Mayo Clinic 34 (2): 39–47. PMID 13645790. http://www.cirp.org/library/anatomy/winkelmann/. 
  9. Tactile sensitivity as a function of age. Thornbury and Mistretta, 1981. The Journal of Gerontology [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]