Rebordáns, Tui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rebordáns
Igrexa de San Bartoloméu de Rebordáns, Tui, Galiza.jpg
Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns.
Concello Tui
Poboación 1.198 hab. (2014)
Entidades de poboación 15

San Bartolomeu de Rebordáns é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.152 habitantes (608 mulleres e 544 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.113 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 1.198 habitantes, sendo 574 homes e 624 mulleres.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns foi construída sobre unha antiga necrópole romano-sueva, situada a carón da vía XIX do itinerario de Antonino. O templo actual é do século XII, pero conserva vestixios anteriores. En 1071 foi elixida como sé episcopal do bispado de Tui polo rei García, logo de ser saqueada Tui nos ataques normandos. Estivo ligada a un mosteiro beneditino até o 30 de novembro de 1225.

Ten planta basilical de tres naves con tres ábsidas, de forma rectangular os laterais e semicircular o central, cubertos con bóvedas de canón, e rematada en cascarón a bóveda da ábsida central. O teito das naves é de madeira.

A fachada orixinal foi substituída na Idade Moderna pola neoclásica actual. Ten capiteis historiados e pinturas murais do século XVII, descubertas na ábsida. No altar maior consérvase unha escultura de pedra policromada de San Bartolomeu de estilo románico, atopada baixo o pavimento da capela maior.

O bispo Diego Xelmírez levou do templo as reliquias de San Froitoso á catedral de Santiago de Compostela, xunto coas doutros santos veneradas na diocese de Braga.[1]

Xunto á igrexa hai un cruceiro de 1770.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Rebordáns[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Rebordáns no concello de Tui (Pontevedra)

O Arroio | Curuxeiras | A Devesa | O Foxo | Funchal | Laranxeiras | A Lavandeira | A Manteigada | O Montiño | O Outeiro | Paredes | Pexegueira | O Telleiro | Vilanova | A Virxe do Camiño

Parroquias de Tui[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La iglesia de San Bartolomé, joya del románico", artigo de Antonio Bouzón no Faro de Vigo, 25 de outubro de 2003 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]