Pexegueiro, Tui
| Pexegueiro | |
|---|---|
Igrexa de San Miguel de Pexegueiro. | |
| Concello | Tui[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°02′15″N 8°41′57″O / 42.03756238, -8.69925018 |
| Poboación | 454 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 15[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Miguel de Pexegueiro é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. A parroquia está situada no val do Río Furnia, na parte noroccidental do concello. Limita ao norte con Malvas, ao leste con Randufe e Areas (as tres parte co concello de Tui) e ao sur e oeste co concello de Tomiño.

Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 454 habitantes (258 mulleres e 254 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 521 habitante.
| Evolución da poboación de Pexegueiro, Tui dende 1877 | |||||
| 1999 | 2003 | 2007 | 2011 | 2015 | 2019 |
| 521 | 512 | 496 | 483 | 457 | 454 |
| Fontes: Nomenclátor do IGE Arquivado 09 de maio de 2020 en Wayback Machine. | |||||
Historia
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia houbo durante a Idade Media un mosteiro beneditino que aparece citado na documentación histórica xa desde o século X. O topónimo da parroquia aparece na documentación medieval coma Persegario, Pesigario ou Persecario[2][3].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Posúe unha igrexa románica con engadidos posteriores, incluído a ábsida que data do século XVIII. No interior destacan unha enorme pía bautismal tamén románica e os retablos barrocos.
División eclesiástica
[editar | editar a fonte]Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Pexegueiro, Tui.
-
Portada setentrional da igrexa.
-
Igrexa de Pexegueiro.
-
Igrexa de San Miguel de Pexegueiro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pexegueiro
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Pexegueiro no concello de Tui (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Carraveda | A Corredoura | A Fonte Seca | O Foxo | A Marco da Fontenla | O Monte | Mosteiro | Palláns | A Pereira | A Regueira | Saídes | A Salgosa | O Souto | Vilanova | Vilapouca |
Parroquias de Tui
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Parroquias de Tui | Concello de Tui". tui.gal. Consultado o 2020-09-26.
- ↑ Martínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra.
- ↑ "TUI-ENTENZA archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pexegueiro, Tui |