Baldráns, Tui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°3′39.22″N 8°35′19.39″O / 42.0608944, -8.5887194

Baldráns
Grandes festas en Baldráns, Tui.jpg
Festas en Baldráns
ConcelloTui[1]
ProvinciaPontevedra
Poboación457 hab. (2019)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Baldráns é unha parroquia, bañada polo río Miño, que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal 2019 tiña 457 habitantes (228 homes e 229 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha lixeira diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 464 habitantes (239 mulleres e 225 homes) e unha baixada de poboación maior respecto ao ano 1999, cando contaba con 495 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia está localizada na zona oriental do concello de Tui. Limita ao leste con Caldelas de Tui, ao oeste con Paramos e ao norte con Soutelo (parte do concello de Salceda de Caselas).

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome da parroquia aparece na documentación histórica escrito de dúas maneiras, Valdráns e Baldráns[2].

Historia[editar | editar a fonte]

Esta parroquia está habitada desde o paleolítico, como mostran os bifaces da época atopados no barrio do Cerqueiro. Outras mostras do poboamento prehistórico da parroquia son os petróglifos das Carneiras, con motivos variados: serpentiformes, círculos e coviñas[2]. A igrexa foi construída na Idade Media, pero foi modificada de maneira moi forte durante os séculos XVII e XVIII. No século XIX houbo un campamento francés no lugar[3].

Lugares de Baldráns[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Baldráns no concello de Tui (Pontevedra)

A Carballiza | O Cerqueiro | O Facho | A Igrexa | A Malladoura | A Parceira | O Rapado | A Teixeira | As Veigas

Parroquias de Tui[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. 2,0 2,1 "Parroquias de Tui | Concello de Tui". tui.gal. Consultado o 2020-09-24. 
  3. Martínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra.