Rata toupa damarense
Fukomys damarensis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Cryptomys damarensis |
A rata toupa peluda, rata toupeira damarense ou rata toupa de Damara (Fukomys damarensis, Sin.: Cryptomys damarensis), tamén abreviado ás veces DMR polas súas siglas en inglés,[2] é unha especie de mamífero roedor da familia Bathyergidae. Esta rata toupa vive en túneles de Angola e Namibia (véxase Damaraland). Xunto coa rata toupeira espida, é un dos dous únicos mamíferos eusociais coñecidos, caracterizados por unha estrutura social complexa na cal só uns poucos individuos se reproducen e o resto da colonia desempeña funcións de coidado ou traballo.[3]
A especie foi descrita por primeira vez en 1838 polo naturalista irlandés William Ogilby.
Descrición
[editar | editar a fonte]A rata toupa damarense ten ollos pequenos, aínda que son cegos. Teñen patas pequenas, que se usan para empurrar os seus corpos a través dos tobos e túneles, e orellas debaixo da pel. As súas fosas nasais son pequenas e pódense obstruír ao escavar nos seus extensos sistemas de túneles.
Alimentación e estilo de vida
[editar | editar a fonte]Boa parte da flora das rexións secas de Angola e Namibia, para sobreviviren, manteñen a maioría dos seus nutrientes nas raíces subterráneas. Estas son as raíces nas que as F. damarensis buscan o seu sustento, aínda que son moi escasas, polo que estes roedores poden camiñar durante quilómetros para atopalas; son capaces de dispersarse por longas distancias que superan os 4km, o que indica unha gran adaptabilidade e capacidade de exploración.[4] Usan os seus dentes dianteiros para roer o chan e crear novos túneles.
Cando unha destas ratas toupa atopa unha raíz, pica nela e come só unha parte dela para que a planta non morra. Isto permítelle volver máis tarde, nas estacións secas.
Ademais, estudos sobre o comportamento no interior dos seus túneles revelan accións fascinantes como a realización de movementos ondulatorios co seu corpo, similares aos dun baile breakdance. Estas accións parecen ser desencadeadas por estímulos sensoriais específicos como vibracións e correntes de aire.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Child, M. F. y Maree, S. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ 2,0 2,1 Rodriguez-Wagner, Cristina (2021-07-16). "Decoding the Tunnel Behavior of Damaraland Mole-rats (Fukomys damarensis)". Electronic Theses and Dissertations.
- ↑ M. Justin O'Riain; Chris G. Faulkes (2008). Judith Korb et Jürgen Heinze, ed. "African Mole-Rats: Eusociality, Relatedness and Ecological Constraints" (en inglés): 207–223. ISBN 978-3-540-75956-0. doi:10.1007/978-3-540-75957-7_10. Consultado o 9 de novembro de 2019.
- ↑ Finn, Kyle T.; Thorley, Jack; Bensch, Hanna M.; Zöttl, Markus (2022). "Subterranean Life-Style Does Not Limit Long Distance Dispersal in African Mole-Rats". Frontiers in Ecology and Evolution 10. ISSN 2296-701X. doi:10.3389/fevo.2022.879014/full.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rata toupa damarense |