Damaraland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDamaraland
Damaralánd (de) Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 22°15′14″S 15°11′27″L / -22.2539, 15.1908Coordenadas: 22°15′14″S 15°11′27″L / -22.2539, 15.1908
CapitalKhorixas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación132.000 Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Kaokoland (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1980 Editar o valor em Wikidata
Disolución1989 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Damaraland ou Damaralandia (neoloxismo de orixe alemá: terra de damaras) foi, desde finais do século XIX até finais da Primeira guerra mundial, o norte da rexión central do suroeste da África alemá.

Extensión e historia do nome[editar | editar a fonte]

A rexión denominada Damaraland coincidía co territorio habitado pola etnia herero, xente que no século XIX era xeralmente coñecida polos europeos como "damaras".[1][2][3]

A rexión tiña fronteiras imprecisas, quedando limitada ao norte por Ovambolandia, ao oeste polo deserto do Namib, ao leste polo deserto do Kalhaari e ao sur pola rexión de Windhoek.

O nome quedou en desuso co fin da presenza alemá no suroeste de África, pero foi retomado na década de 1970 polo réxime do apartheid surafricano, que iniciou a creación dun bantustán chamado "Damaraland" destinado a ser "estado autónomo" do país da xente damara. Con este obxectivo, en 1980 creouse un goberno local e iniciáronse os cambios institucionais necesarios para constituír o novo ente político. O bantustán proxectado de Damaralandia estaba situado no extremo litoral occidental do territorio que se coñecía con ese nome no s. XIX, cunha extensión moito menor que o territorio histórico.

O novo Damaraland, como todos os outros bantustanes proxectados do suroeste de África, foi abolido en maio de 1989, ao comezo do proceso de transición que levou á independencia de Namibia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O nome en alemán Damaraland incorporouse á maioría de linguas con esa forma. Porén, en castelán e portugués foi adaptado como Damaralandia/Damaralândia. Véxase 'Fernandes, Ivo Xavier (1941). Topónimos e Gentílicos I. Porto'; Na literatura portuguesa o nome aparece ás veces aplicado a toda a colonia alemá do suroeste de África. Tamén se aplica o xentilicio e o adxectivo en rato toupeira damaralense.
  2. Fernandes, Ivo Xavier (1941). Topónimos e Gentílicos I. Porto. 
  3. Paixão, Paulo (Verán de 2021). "Os Nomes Portugueses das Aves de Todo o Mundo" (PDF). ec.europa.eu; folla separata. ISSN 1830-7809. Consultado o 13 de janeiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]