Saltar ao contido

Ramón Rodríguez Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Rodríguez Vázquez
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1998 (26 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGalicia
Altura1,87 m
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPorteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

Ramón Rodríguez Vázquez, nado en Monforte de Lemos o 24 de agosto de 1998, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de porteiro e o seu equipo actual é o Atlético Arteixo.

Formado nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, desenvolveu toda a súa carreira deportiva entre a Terceira División e a Preferente.[1][2] En 2023 proclamouse campión da Copa das Rexións da UEFA coa selección galega.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Natural de Neiras, no concello de Sober, entrou con oito anos no CP Calasancio de Monforte, onde xogou ata 2014 nas súas categorías inferiores.

En abril de 2014 disputou a Oviedo Cup, un torneo de fútbol cadete, co Deportivo da Coruña.[4] Na tempada 2014/15 fichou polo equipo da Coruña e xogou no Xuvenil B,[5] no que comparte titularidade con Javier Tasende.

Na tempada 2015/16 pasou a xogar co Xuvenil A na División de Honra. O 31 de xaneiro de 2016 debutou co Fabril en Terceira división, no partido contra o Alondras CF disputado en Cangas.[6] Nesa tempada, tamén foi convocado por Víctor Sánchez del Amo para o partido do primeiro equipo contra o Sevilla FC no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, xogado o 17 de abril de 2016.[1][2]

Na tempada 2016/17 xogou novamente no Xuvenil A, aínda que tamén disputou dous partidos co Fabril. Os últimos oito partidos da tempada xogou cedido no xuvenil do Santiago de Compostela CF.[7]

En xuño de 2017 chegou ao UD Somozas da Terceira división, equipo no que xogou cedido polo Deportivo ata xaneiro.[7] De xaneiro a xuño de 2018 xogou cedido no Atlético Arteixo, de Preferente. Na tempada 2018/19 fichou polo Atlético Montañeros, tamén na Preferente, no que destacou por manter a portería a cero varias xornadas consecutivas.[8]

Na tempada 2019/20 fichou polo Club Lemos, equipo que volveu esa tempada a Preferente.[2]

En xuño de 2020 fichou pola SD Fisterra,[9] acabado de ascender a Terceira División. Despois de xogar 6 dos primeiros 11 partidos e non ter continuidade como titular, en xaneiro de 2021 fichou pola SD Dubra, equipo de Preferente.[10]

En xullo de 2021 ficha pola UD Ourense, equipo descendido a tempada anterior a Preferente.[11] Na súa primeira tempada no equipo consegue volver a Terceira Federación. Na tempada 2022/23 clasifícase para o playoff de ascenso a Segunda Federación.

En xuño de 2023 anúnciase o seu retorno ao Atlético Arteixo, equipo da Terceira Federación.[12]

Selección galega

[editar | editar a fonte]

Ramón foi convocado coa selección galega en xuvenís de segundo ano e en alevíns de segundo ano.

Copa das Rexións da UEFA

[editar | editar a fonte]

En outubro de 2022 foi convocado para os tres partidos que Galicia disputou da fase intermedia da Copa das Rexións da UEFA.[13] Foi titular nos tres, encaixando un único tanto e conseguindo o combinado galego a clasificación para a fase final do torneo.

Na fase final disputada en Galicia en xuño de 2023, Ramón foi titular nos tres encontros do Grupo A no que quedou encadrada a selección galega e que finalizaron con tres vitorias fronte a Irlanda, Zenica-Doboj e Baviera. Tamén foi titular na gran final disputada na Lomba contra Belgrado, na que Galicia se proclamou campioa do torneo.[3]

Ano Club División PX[14] GE[14] TA TV
2014-2015 Galicia Deportivo Xuvenil B Liga Nacional 16 17 1 0
2015-2016 Galicia Deportivo Xuvenil A División de honra 11 17 1 0
Galicia Deportivo Fabril 3ª División 1 3 1 0
2016-2017 Galicia Deportivo Xuvenil A División de honra 3 6 0 0
Galicia Deportivo Fabril 3ª División 2 2 0 0
Galicia Santiago CF Xuvenil División de honra 8 14 ? ?
2017-2018 Galicia UD Somozas 3ª División 3 7 0 0
Galicia Atlético Arteixo Preferente 10 18 0 0
2018-2019 Galicia Atlético Coruña Montañeros Preferente 22 26 0 0
2019-2020 Galicia Club Lemos Preferente 17 32 2 1
2020-2021 Galicia SD Fisterra 3ª División 6 12 0 0
Galicia SD Dubra Preferente 12 18 0 0
2021-2022 Galicia UD Ourense Preferente 25 15 2 0
2022-2023 3ª Federación 21 23 4 1

PX: Partidos xogados. GE: Goles encaixados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "El meta juvenil Ramón, novedad entre los 19 convocados". RC Deportivo. 16 de abril de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Nuevo portero para el Club Lemos". La Voz de Galicia. 9 de xuño de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "O campión de Europa é de Sober". La Voz de Galicia. 20 de xuño de 2022. Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  4. "Ramón, con el Deportivo". La Voz de Galicia. 2 de abril de 2014. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  5. "El portero soberino, Ramón Rodríguez, renovó con el Deportivo". La Voz de Galicia. 10 de xuño de 2015. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  6. "El Fabril cae en Cangas tras ir a remolque todo el encuentro". La Voz de Galicia. 1 de febreiro de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  7. 7,0 7,1 "Ramón Rodríguez ficha por el Somozas". La Voz de Galicia. 29 de xuño de 2017. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  8. "Los guardianes morados". DXT. 3 de maio de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  9. "El Fisterra ficha a un portero y el Soneira renueva al entrenador". La Voz de Galicia. 18 de xuño de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  10. "Ramón Rodríguez abandona el Fisterra y se incorpora al Dubra". La Voz de Galicia. 8 de xaneiro de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  11. "La UD Ourense trabaja en sus altas". La Voz de Galicia. 30 de xullo de 2021. Consultado o 30 de xullo de 2021. 
  12. "El Atlético Arteixo ficha al portero Ramón procedente del Ourense". DxT Campeón. 29 de xuño de 2023. Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  13. "Los 18 elegidos por Iván Cancela para disputar la Copa Regiones UEFA con Galicia". DxT Campeón. 30 de setembro de 2022. Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  14. 14,0 14,1 "Ramón Rodríguez Vázquez". lapreferente.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]