Sivapithecus
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Sivapithecus Rango fósil: Mioceno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Sivapithecus indicus | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Sivapithecus é un xénero extinto de primates homínidos do Mioceno. Os seus fósiles, datados entre 12,5 a 8,5 millóns de anos de antigüidade (Serravalliense a Tortoniense), foron achados desde o século XIX en Siwalik Hills, no que actualmente son a India e Paquistán. Calquera das especies deste xénero poderían ser devanceiros do orangután moderno.
Achado
[editar | editar a fonte]Dende 1961 coa descuberta de restos dunha mandíbula parecida por Richard Leakey, e sobre todo tras unha serie de artigos de Elwyn Simons e David Pilbeam sobre a súa dentame, pensouse que era un antepasado humano, ata que en 1981 novos descubrimentos de simios fósiles en Turquía e Paquistán invalidaron as conclusións previas, e agora a maioría dos investigadores clasifícano dentro do xénero Sivapithecus, un antepasado do orangután.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |