Ramalho Ortigão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamalho Ortigão

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1836 Editar o valor em Wikidata
Porto, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte27 de setembro de 1915 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeModelo:PRT1830
Actividade
Ocupacióntradutor , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioJoăo Ribaixo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Duarte_Ramalho_Ortigão-1 Find a Grave: 243779587 Editar o valor em Wikidata

José Duarte Ramalho Ortigão, nado no Porto o 24 de outubro de 1836 e finado en Lisboa o 27 de setembro de 1915, foi un escritor portugués.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Duarte Ramalho Ortigão naceu no Porto, na Casa de Germalde, freguesía de Santo Ildefonso. Era o máis vello de nove irmáns e irmás, fillos e fillas do primeiro-tenente de artillaría Joaquim da Costa Ramalho Ortigão e da súa muller Antónia Alves Duarte Silva.

Viviu a súa infancia nunha quinta do Porto coa avoa materna, coa educación a cargo dun tío avó e padriño Frei José do Sacramento. Na Facultade de Dereito da Universidade de Coímbra, frecuentou brevemente a carreira de Dereito. Ensinou francés e dirixiu o Colexio da Lapa no Porto, do cal seu pai fora director. Iniciouse no xornalismo colaborando no Jornal do Porto e no xornal de cariz monárquico O Correio: Semanário Monárquico (1912-1913).[2] Tamén foi colaborador en diversas publicacións periódicas, nalgúns casos postumamente, entre as cales se destaca: Acción realista (1924-1926); O António Maria (1879-1885;1891-1898)[3]; Branco e Negro (1896-1898); Brasil-Portugal[4] (1899-1914); Contemporânea (1915-1926); A Esperança (1865-1866; Galeria republicana (1882-1883); Gazeta Literária do Porto (1868), Ideia Nacional (1915), A Prensa (1885-1891); O Occidente (1878-1915); Renascença (1878-1879?[5]); Revista de Estudos Libres (1883-1886), A semana de Lisboa (1893-1895); A Arte Portuguesa (1895); Tiro e Sport (1904-1913); Serões (1901-1911); O Thalassa: semanário humorístico e de caricaturas (1913-1915) e, a título póstumo, no periódico O Azeitonense (1919-1920).[6]

Aínda no Porto, envolveuse na Questão Coimbrã co folleto «Literatura de hoje», acabando por enfrontarse a Antero de Quental nun duelo de espadas, a quen apodou de covarde por insultar o cego e velliño António Feliciano de Castilho. Ramalho ficou fisicamente ferido no duelo efectuado o 6 de febreiro de 1866, no Jardín de Arca d'Áuga.

O ano seguinte, en 1867, visitou a Exposición Universal en París, da que resultou o libro Em Paris, primeiro dunha serie de libros de viaxes. Insatisfeito coa súa situación no Porto, mudouse para Lisboa coa familia, obtendo unha vacante para oficial da Academia das Ciências de Lisboa.

Reencontrou en Lisboa o seu exalumno Eça de Queirós e con el escribiu unha «novela execrável» (clasificación dos autores no prefacio de 1884): O Misterio da Estrada de Sintra (1870), que marcou a aparición da novela policial en Portugal. O mesmo ano, Ramalho Ortigão publicou ademais Histórias cor-de-rosa e iniciou a publicación de Correio de Hoxe (1870-71).[1] En xuntanza con Eça de Queiroz, xurdiron en 1871 os primeiros folletos de As Farpas, do que veu a resultar a recompilación en dous volumes so o título Uma Campanha Alegre. A finais de 1872, o seu amigo Eça de Queiroz partiu para A Habana exercer o seu primeiro cargo consular no estranxeiro, continuando Ramalho Ortigão a redactar só As Farpas.

Non obstante, Ramalho Ortigão tornárase unha das principais figuras da chamada Xeración de 70. Aconteceulle o que aconteceu a case todos os membros desa xeración. Nunha primeira fase, pretendían aproximar Portugal das sociedades modernas europeas, cosmopolitas e anticlericais. Desilusionados coas luces europeas do progreso material, porén, volvéronse, nunha segunda fase, para as raíces de Portugal e para o programa dun «reaportuguesamento de Portugal». Foi desa segunda fase que resultou a constitución do grupo «Os Vencidos da Vida», do cal formaron parte, alén de Ramalho Ortigão, o Conde de Sabugosa, o Conde de Ficalho, o Marqués de Soveral, o Conde de Arnoso, Antero de Quental, Oliveira Martins, Guerra Junqueiro, Carlos Lobo de Ávila, Carlos de Lima Mayer e António Cândido. Á intelectualidade prominente da época xuntábase entón a nobreza, nun último esforzo para restaurar o prestixio da Monarquía, tendo o Rei D. Carlos I, significativamente, sido elixido por unanimidade «confrade suplente do grupo».[1]

Tras o asasinato do Rei, en 1908, escribiu Rei D. Carlos: o martyrizado. Coa implantación da República, en 1910, pediu inmediatamente a Teófilo Braga a dimisión do cargo de bibliotecario da Real Biblioteca da Ajuda, escribíndolle que rexeitaba adherirse á República «engrossando assim o abjecto número de percevejos que de um buraco estou vendo nojosamente cobrir o leito da governação».[7] Saíu axiña para un exilio voluntario en París, onde comezou a escribir as Últimas Farpas (1911-1914) contra o réxime republicano. O conxunto de As Farpas, máis tarde reunidas en quince volumes, a que hai que engadir os dous volumes das Farpas Esquecidas, e o referido volume das Últimas Farpas, foi a obra que máis o notabilizou, escrita nun portugués moi rico, con intencións pedagóxicas, sempre moi crítico e revelando unha fina capacidade de observación. Eça de Queiroz escribiu que Ramalho Ortigão, nas Farpas, «estudou e pintou o seu país na alma e no corpo».[8]

Regresou a Portugal en 1912 e, en 1914, dirixiu a célebre Carta dun velho a um novo, a João do Amaral, onde saudou o lanzamento do movemento de ideas políticas denominado Integralismo Lusitano:

A orientação mental da mocidade contemporânea comparada à orientação dos rapazes do meu tempo estabelece entre as nossas respectivas cerebrações uma diferença de nível que desloca o eixo do respeito na sociedade em que vivemos obrigando a elite dos velhos a inclinar-se rendidamente à elite dos novos[9]

Vítima de cancro, recolleuse na casa de saúde do Dr. Henrique de Barros, na entón Praça do Rio de Janeiro, en Lisboa, falecendo en 27 de setembro de 1915, na súa casa da Calçada dos Caetanos, na Freguesía da Lapa.

Foi Comendador da Orde de Cristo e Comendador da Imperial Orde da Rosa do Brasil. Alén de bibliotecario na Real Biblioteca da Ajuda, foi secretario e oficial da Academia Nacional de Ciencias, vogal do Consello dos Monumentos Nacionais, membro da Sociedade Portuguesa de Xeografía, da Academia das Belas Artes de Lisboa, do Grémio Literario, do Despacho Portugués de Leitura do Rio de Janeiro, e da Sociedade de Concertos Clássicos do Rio de Janeiro.[10] En España, foille atribuído o grao de Excelentísimo Señor Gran Cruz da Real Orde de Isabel a Católica e foi membro da Academia de Historia de Madrid, da Sociedad Geográfica de Madrid, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da Unión Iberoamericana e da Real Academia Sevillana de Buenas Letras.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Coa súa imaxe imprimíronse dous billetes de 50 escudos do Estado Novo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 24 de outubro de 1859, casou con Emília Isaura Vilaça de Araújo Vieira, de quen tivo tres fillos: Vasco, Berta e Maria Feliciana.

Obra[editar | editar a fonte]

Estatua de Ramalho Ortigão no Porto.
Estatua de Ramalho Ortigão por Leopoldo de Almeida (Parque D. Carlos I, Caldas da Rainha.)
  • Litteratura de hoje (1866).
  • Em Pariz (1868).
  • Historias cor-de-rosa (1869).
  • O mysterio da estrada de Cintra (1870, con Eça de Queiroz). (eBook)
  • Correio de hoje (1870-71).
  • Biographia de Emília Adelaide Pimentel (1871).
  • As Farpas (1871-72, con Eça de Queiroz).
  • As Farpas (1871-1882).
  • Banhos de caldas e aguas mineraes (1875).
  • As praias de Portugal (1876).
  • Theophilo Braga: esboço biographico (1879).
  • Notas de viagem, Pariz e a exposic̦ão universal (1878-1879) (1879).
  • A Instrucção Secundaria na Camara dos Senhores Deputados (1883).
  • A Hollanda (1883).
  • John Bull, depoimento de uma testemunha ácerca de alguns aspectos da vida e da civilisação ingleza. (1887).
  • O culto da Arte em Portugal (1896). (eBook)
  • Rei D. Carlos: o martyrizado (1908).
  • Últimas Farpas (1911-14).
  • Carta de um Velho a um Novo (1914).
  • Pela terra alheia; notas de viagem, 1878-1910 (1916).

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • 1997 - Quintas, José Manuel - O Integralismo Lusitano e a herança de «Os Vencidos da Vida», Sintra, Academia da Força Aérea, 1997.
  • 1999 - Oliveira, Maria João L. Ortigão de - O essencial sobre Ramalho Ortigão, Lisboa, INCM, 1999.
  • 2000 - Oliveira, Rodrigo Ortigão de - A Família Ramalho Ortigão, Porto, Ed. Lit. Rodrigo Ortigão de Oliveira, 2000, 368 p. ISBN 972-95094-8-4
  • António Cândido [et al.] - Os vencidos da vida, Porto, Fronteira do Caos, 2006.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Infopédia. "Ramalho Ortigão - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-03-22. 
  2. "O CORREIO. SEMANARIO MONARQUICO" (PDF). hemerotecadigital.cm (en portugués). 
  3. "António María (O)" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt (en portugués). 
  4. "BRANCO E NEGRO. SEMANÁRIO ILUSTRADO" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt (en portugués). 
  5. "A Renascença: órgão dos trabalhos da geração moderna" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt (en portugués). 
  6. "O AZEITONENSE :orgão independente defensor dos interesses de Azeitão e arredores" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt (en portugués). 
  7. "1910 - Ramalho Ortigão, Carta a Teófilo Braga em 16 de Outubro". web.archive.org (en portugués). 2008-01-19. Archived from the original on 19 de xaneiro de 2008. Consultado o 2020-03-22. 
  8. Novas cartas inéditas de Eça de Queirós, Camilo, etc., a Ramalho Ortigão. Rio de Janeiro, Alba Editora,. 1940. 
  9. Quintas, José Manuel. " Integralismo Lusitano e a herança de «Os Vencidos da Vida ". Sintra: Academia da Força Aérea. 
  10. "Ramalho Ortigão". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]