Ramón de Santillán
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de agosto de 1791 Lerma, España |
| Morte | 19 de outubro de 1863 Madrid, España |
| xaneiro de 1856 – 19 de outubro de 1863 ← sen valor – Francisco Santa Cruz → | |
| 28 de xaneiro de 1847 – 28 de marzo de 1847 ← Alejandro Mon – José de Salamanca Mayol → | |
| 15 de agosto de 1845 – 19 de outubro de 1863 | |
| 14 de outubro de 1844 – 17 de decembro de 1845 – Aniceto de Álvaro → Circunscrición electoral: Burgos | |
| 28 de abril de 1843 – 26 de maio de 1843 Circunscrición electoral: Burgos | |
| 8 de abril de 1840 – 19 de agosto de 1840 ← José San Millán Coronel (en) | |
| 8 de marzo de 1840 – 11 de outubro de 1840 Circunscrición electoral: Burgos | |
| 27 de novembro de 1837 – 1 de xuño de 1839 ← Manuel de la Pezuela y Ceballos Circunscrición electoral: Burgos | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, militar |
| Partido político | Unión Liberal Partido Moderado |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | Guerra da Independencia Española |
Ramón de Santillán González, nado en Lerma (Burgos), o 30 de agosto de 1791 e finado en Madrid en 1863, foi un político e militar español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro dunha familia non moi acomodada de Lerma e matriculouse en Dereito na Universidade de Valladolid (1805). A Guerra da Independencia española interrompeu os seus estudos. Integrouse na reacción patriótica, incorporándose co grao de tenente (1809) na partida do cura Merino, na que chegou a alcanzar o de capitán.
Despois da guerra permaneceu no exército até 1824, cando foi depurado polo seu apoio ao goberno liberal durante o Trienio. En 1825 ingresou no Ministerio de Facenda chegando a ocupar cargos de responsabilidade durante a época de Mendizábal.
Pouco antes da caída da rexente María Cristina de Borbón durante a minoría de idade de Isabel II, foi nomeado Ministro de Facenda (abril de 1840 - xullo de 1841) ata que Baldomero Espartero accedeu á Xefatura do Estado. A pesar da súa saída como Ministro, continuou na facenda pública como home destacado, sendo chamado a formar parte da reforma fiscal que iniciou o ministro García Carrasco xunto a Alejandro Mon e Menéndez e outros destacados facendistas.
As súas achegas á reforma tributaria de 1845, aínda que atribuídas en moitas ocasións só a Mon, foron en gran parte froito da colaboración de ambos, cuxa sintonía en política tributaria era moi acentuada. Senador vitalicio na lexislatura 1845-46.[1] Nomeado de novo Ministro de Facenda por un breve período (28 de xaneiro a 28 de marzo de 1847), reformou o funcionamento do sistema bancario público español mediante a unificación do Banco de San Fernando e o Banco de Isabel II nunha soa entidade das que foi o seu primeiro gobernador (1849). Aínda que entón conservou o nome de San Fernando, converteríase no Banco de España. Foi substituído polo marqués de Salamanca.
As súas achegas á facenda pública española mereceron que en xaneiro de 1856 fose nomeado como primeiro gobernador do Banco de España, sendo ministro Francisco Santa Cruz Pacheco. Foi membro da Unión Liberal.
Obras
[editar | editar a fonte]- Memoria Histórica sobre os Bancos Nacionais de San Carlos, Español de San Fernando, Isabel II, Novo de San Fernando e de España. (1858), reeditado polo Banco de España en 1982.
- Memorias (1860)
Cargos
[editar | editar a fonte]| Cargo | Comezo | Remate |
|---|---|---|
| Ministro de Facenda | abril 1840 | agosto 1840 |
| Ministro de Facenda | xaneiro 1847 | marzo 1847 |
| Gobernador do Banco de España | xaneiro 1856 | novembro 1863 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramón de Santillán |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rulla Babater, Alberto. Dicionario sucinto de Ministros de Facenda. Madrid: Instituto de Estudos Fiscais, Ministerio de Facenda, 1991. ISBN 84-7196-967-X
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vidas Contadas en RNE.
